2.4 Exemplo de deseño e creación dun curso competencial
Nesta táboa atoparás estruturado o deseño do curso coas cuestións para guiar o deseño de cada compoñente do curso. Preme na imaxe para visualizala ampliada nunha xanela emerxente:
Nos Espazos de apoio > Zona 1 Crear > Info e recursos para deseñar, crear ou remodelar cursos Platega atoparás a ligazón para descargar arquivos editables para ESBOZAR e para DESEÑAR cursos Platega en formatos .odt e .docx: vai enchendo os diferentes apartados da táboa guiado polas cuestións a medida que vaias tendo claro o deseño do teu curso.
Na fase inicial de deseño do curso é imprescindible pensar e ir recollendo ideas para crear o curso. Este deseño inicial evolucionará e adaptarase a medida que se desenvolva. Canto máis clara teñamos a idea final menos pasos adiante e atrás teremos que dar. Non facer ben as cousas á primeira supón traballar o triplo: facer, desfacer e volver a facer. Paga a pena dedicar un tempo prudencial a elaborar un deseño deste tipo pensando as cousas antes de facelas. Este deseño ven sendo os planos do edificio que queremos construír. Para facilitarche a comprensión de todo isto amosámoste, a título de exemplo, un curso exemplo:
- O seu bosquexo
- E o curso xa creado
Debes identificarte co teu usuario institucional e coa chave para convidados: platega https://platega.edu.xunta.gal/course/view.php?id=2458
Os módulos 0 e 1 amósanse completos e podes navegar por eles, dos outros módulos unicamente amósanse as súas cabeceiras e as follas de ruta, suficientes para facerse unha idea dos contidos do curso.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0