Saltar navegación

2.3 O deseño paso a paso

O deseño do curso é doado se temos claro cal é a meta á que queremos chegar, e desde esa meta final trazar os pasos que cómpre dar para chegar alí. Por isto, como estratexia para o deseño imos comezar polo final. Pero cal é o final? Pois ben, o fin ou meta que debemos tomar como referencia é o "Impacto" que queremos reciba o alumnado do profesorado que se forme no curso, é dicir, as melloras que vai recibir o alumnado como consecuencia de que o seu profesorado realice o curso.

Na liña seguinte liña de tempo (acompañada de exemplos que axudan a comprender mellor cada unha das etapas) poderás ver os conceptos que guían o proceso de deseño, partindo duns xerais a outros máis específicos que nos levarán a definir de forma detallada os diferentes elementos que constituirán o noso curso.

O deseño paso a paso (faltan os exemplos)

O impacto

O fin ou meta que debemos tomar como referencia é o "Impacto" que queremos reciba o alumnado do profesorado que se forme no curso, é dicir, as melloras que vai recibir o alumnado como consecuencia de que o seu profesorado realice o curso. 

Un exemplo do impacto

Podemos buscar que o alumnado reciba unha educación en igualdade, non discriminatoria. Buscamos tamén que asuman como propio o valor da igualdade entre as persoas independentemente do seu xénero, ideoloxía ou condición social.

A transferencia

Tendo claro o impacto buscado no alumnado, podemos albiscar as accións ou cambios metodolóxicos que terá que levar a cabo o profesorado para que o seu alumnado reciba o impacto buscado, e dicir, a "transferencia" do aprendido no curso á súa práctica docente.

Un exemplo da transferencia

Se continuamos co exemplo dun curso enfocado na igualdade:

A.- Se o curso vai dirixido aos membros do equipo directivo, poderemos promover que implementen medidas no seu centro un (por exemplo a través dun "Plan de igualdade") no que se establezan pautas para lograr unha igualdade efectiva na comunidade educativa.

B.- Se o curso vai dirixido ao profesorado, estes deberán empregar recursos educativos, materiais didácticos, actividades e tarefas nas súas aulas que non sexan discriminatorias, nin sexistas e mesmo promovan a concienciación en igualdade das persoas.

O proxecto final

O proxecto final recollerá os produtos, recursos educativos, estratexias didácticas ou accións que o profesorado participante aprenderá a realizar neste curso para que despois poida transferir ás súas aulas e acadar o impacto esperado. Para ser quen de elaborar ese proxecto integrador deberá adquirir e exercitar uns desempeños a través da realización das tarefas, polo que o proxecto será a evidencia ou proba material de ter adquiridos ditos desempeños.

Un exemplo de proxecto final

Competencias profesionais docentes

O proxecto final seleccionado implicará o desenvolvemento dunhas competencias concretas no profesorado. Deseñar e construír un curso de acordo coas competencias que queremos desenvolver nas persoas participantes esixe adoptar unha estratexia de deseño e construción do curso intelixente e práctico, ademais de que lle permite ao profesorado ir avanzando nun itinerario formativo persoal adaptado ás súas necesidades e intereses.

Deberemos ubicar e seleccionar no marco de competencias profesionais docentes as competencias, descritores, niveis e indicadores que traballaremos no noso curso.

Exemplo de selección de competencias

Selección de competencias no curso de Formación inicial en igualdade:

Competencia  Descritor  Nivel  Indicadores
Competencia inclusiva, social e cidadá Inclusión e igualdade Básico

Aplica con axuda e tutela de colegas especialistas a normativa vixente en prol da inclusión e da igualdade.

Comprende as novidades normativas relacionadas coa atención á diversidade e á igualdade.

Recoñece a importancia da orientación, da atención á diversidade e do fomento da igualdade.

Competencia inclusiva, social e cidadá Xustiza social e valores

Básico

Identifica boas prácticas de atención á diversidade étnica, social e de xénero.

Obxectivos competenciais do curso

Pasamos ao seguinte nivel de concreción das competencias formulando varios obxectivos para o curso concisos, claros, realistas e axustados ao tempo de duración da actividade. O ideal é que sexan 3 obxectivos, de modo que encaixen cos requerimentos do sistema de xestión da formación Fprofe.

Exemplo de obxectivos

Obxectivos do curso Formación inicial en igualdade:

  1. Adquirir os conceptos básicos relacionados coa perspectiva de xénero.
  2. Coñecer a lexislación que ampara o principio de igualdade.
  3. Facilitar a prevención e a loita contra a violencia de xénero.

Desempeños e tarefas

Os desempeños constitúen o nivel maior de concreción. Debemos establecer que accións deberá saber realizar o profesorado participante para ser quen de desenvolver o proxecto final. Deseñaremos tarefas e accións concretas para que adquiran -no caso de non telos-  e practiquen eses desempeños.

As tarefas concretarán e describirán as evidencias aportadas polas persoas participantes para demostrar que teñen adquiridos os desempeños. No caso de que unha tarefa inclúa varios desempeños convén diferencialos en accións concretas para poder avalialos por separado, se procede, mesmo con evidencias e puntuacións diferentes, rubricando diferentes niveis de logro e con diferente ponderación en función da súa relevancia ou dificultade.

Neste momento estamos xa no deseño pormenorizado da proposta formativa, no que se defininiran aspectos como:

Abordarémolos todos eles de forma máis detallada nos seguintes apartados.

Exemplo de desempeños e tarefas

Describe a temática do curso facendo referencia aos contidos que deberá ter o curso. Os desempeños adquiridos no curso desenvolveranse e practicaranse a propósito destes contidos. Que temáticas vanse abordar no curso? Cales serán os contidos do curso?

A elaboración do deseño dun curso adoita ser circular, é dicir ir desenvolvendo os seus apartados sen seguir unha orde determinada comezando polo primeiro da lista e rematando polo último. Antes ben, pódese ir anotando en cada apartado as ideas que pouco a pouco van aparecendo en madurando. Unha estratexia bastante práctica é comezar pola descrición detallada do proxecto final e a partir dela os desempeños necesarios para acadar ese proxecto final, os contidos a propósito dos cales se adquirirán eses desempeños, as tarefas que deberán realizar para practicar eses desempeños, os indicadores de logro que se empregarán para determinar a adquisición do desempeño, etc... Canto máis detallado estea o proxecto final con maior claridade veremos o resto.

En "Exemplo de deseño e creación dun curso" atoparás un exemplo completo do desenvolvemento dun curso Platega a través de dous produtos: o seu documento de deseño e o curso desenvolvido de acordo con ese deseño. Así mesmo, tamén atoparás un documento de texto preparado coa táboa necesaria para relalizar o deseño do teu curso guiado paso a paso.

A teoría da aprendizaxe que adoptarás e o xeito no que organizarás ás persoas participantes, é dicir a forma social de traballo: individual, en grupos, en parellas, traballo cooperativo…

A orde global na que se desenvolverán as actividades e contidos do curso e o tempo programado para desenvolver e avaliar cada tema.

De ser o caso, indicaranse os coñecementos e desempeños que debe ter unha persoa participante antes de iniciar o curso, sen os cales dificilmente poderá seguilo.

Información, ligazóns a páxinas web, infografías, vídeos, etc que axuden a documentarse sobre o tema e a ampliar coñecementos. Indicaremos como transmitiremos esa información: unha ligazón, unha páxina ou un libro de Moodle, un paquete de contidos... Temos que decidir que información lles imos facilitar para realizar a tarefa (e así adquirir os desempeños indicados) e en que soporte. Incluso se pode promover o traballo colaborativo na sua busca e procesado.

Será preciso decidir de que maneira e cando queres avaliar as aprendizaxes (avaliación inicial, final ou procesiual) seleccionando tamén o tipo de avaliación que promoverás (autoavaliación, coavaliación, heteroavaliación ou varias delas combinadas) En función do tipo de avaliación que queiramos realizar elixiremos un tipo de actividade de Moodle ou outro (proba ou test, tarefa, taller, etc).

Terás que seleccionar as ferramentas máis axeitadas. Recoméndase o uso de ferramentas de avaliación avanzada, como as rúbricas ou guías de corrección, que aportan unha avaliación detallada e moi rica ás persoas participantes, aínda que non se descarta, por exemplo, o uso de cuestionarios en determinados momentos.

Son os criterios que empregaremos para determinar se se adquiriu ou non ese desempeño. Neles concrétanse as probas ou evidencias deben demostrar que se adquiriu dito desempeño. Par isto escribiremos as características que deben ter as evidencias aportadas, as condicións que deben cumprir así como a puntuación de cada aspecto asignando a correspondente a cada nivel de logro, é dicir, rubricando a tarefa. Esta descrición detallada contribúe en grande medida a harmonizar e homoxeneizar as correccións cando nun curso titorizan varias persoas.

Unha vez deseñados todos os desempeños do curso e agrupados en tarefas, determinaremos a puntuación ou peso de cada unha delas na puntuación final do curso.

Dentro dos diferentes tipos de actividades e recursos que nos ofrece a plataforma, deberemos escoller os que máis se axeiten á nosa proposta, vendo de facer un no aproveitamento do espazo virtual a nivel de variedade, interactividade e actividades motivadoras.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)