7 - Axustes do Libro de cualificacións
Os cursos Platega recollen as puntuacións obtidas nas tarefas, probas, cuestionarios... do curso no Libro de cualificacións. Este Libro configúrao a persoa responsable da creación do curso e durante as súas edicións a persoa titora responsabilirazase da súa revisión, mantemento e actualización no caso de ser necesario.
Seguindo os pasos descritos neste titorial configuraremos o Libro de cualificacións para que o participante consulte o estado das súas cualificacións durante a edición do curso, as puntuacións obtidas nas tarefas e módulos do curso. O Libro de cualificacións configúrase cando xa está practicamente rematada a creación do curso: os seus módulos e as tarefas cualificables de cada módulo.
A estratexia para axustar o Libro de cualificación:
- Reunir na Guía do curso as ponderacións dos módulos e das tarefas do curso.
- Configurar as categorías do Libro de cualificacións en paralelo aos módulos do curso.
- Configurar as tarefas: ponderacións e puntuacións.
- Configurar os aspectos xerais do curso.
Vexamos todo isto paso a paso.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0