2.5 - Amosa cartafoles con contidos
Utilidade de "Cartafol"
Este recurso ten por obxectivo facilitar ao alumnado unha única ligazón na que poder descargar arquivos. Resulta máis cómodo reunir nunha única ligazón todas as descargas en lugar de ter que configurar ligazóns individuais para cada unha delas. Este recurso é especialmente útil cando queremos poñer á disposición do alumnado un número elevado de arquivos, imaxes, documentos...
Nos cursos Platega usarémolo para agrupar, por exemplo, nunha "Zona de descargas" os materiais que imos transmitir aos participantes. Na zona de matemento e coordinación do curso atoparás un Cartafol deste tipo no que se recollerán todos os arquivos fonte do curso.
Exemplo de cartafol

Visualización en arquivos fonte

Para poder configurar un cartafol, aqui hai un exemplo de configuración
Exemplo de configuración do cartafol

Para poder subir arquivos, o cartafol funciona dun xeito moi similar ao ficheiro (cunha interfaz Drag and Drop).
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0