Raios X
Amosa dúas imaxes superpostas, a inferior só é visible no espazo definido por un círculo. Podemos arrastrar o círculo sobre a imaxe. Os resultados poden ser sorprendentes. Esta páxina pode ser descriptiva se non definimos unha resposta.
- Na casiña IMAXE colocamos a imaxe que se vai a amosar por enriba e sobre a que imos a desprazar a lupa.
- Na casiña FONDO colocamos a imaxe inferior que se vai a amosar cando movemos a lupa.
- No recadro BURATO definimos numéricamente o tamaño da lupa (por defecto: 50)
- No cadro RESPOSTA poñemos o texto que se dará como correcto. Se admite diferentes respostas válidas teremos que escribilas todas separadas por comas e sen espazos.
- Podemos incluir na actividade un TEXTO explicativo amplo clicando na icona e despregándose unha fiestra onde deberemos escribir.
- No caso de non definir unha imaxe superior podemos seleccionar unha cor no apartado TAPA que ocultará a imaxe inferior.
ue debe facer - Incluímos unha mensaxe que explica ao alumnado o que debe facer.