Método iframe
Para a inclusión de actividades LIM nun blog, tedes que gardar no voso espazo web os tres arquivos creados polo programa.
Nun
suposto caso dun libro sobre as olimpiadas, teremos que transferir os
arquivos olimpicos.lim, olimpicos.html e lim.swf. O primeiro é o arquivo
de configuración do exercicio, o segundo é o arquivo HTML ao que
exportamos o exercicio, e o terceiro é o que permite que o exercicio
funcione con tecnoloxía Flash.
Unha vez feito isto, temos que
incluír no artigo do noso blog o seguinte código; o mais importante é
escribir no atributo src a ruta de onde gardamos o arquivo de HTML, no
que exportamos o exercicio LIM.
<div align="center"><iframe src="http://www.siteo.org/educateo2/inicio.html" frameborder="0" height="400" width="600" scrolling="auto"></iframe></div>
Por fin aquí temos xa o libro. O procedemento parece longo, pero en realidade todo isto pódese facer en dez minutos. Agora toca saber sobre o entroido. Sorte.