Modelos

Se atendemos á definición que fixemos na introdución ao tema, realmente temos que quedarnos con tres ferramentas:

  • Igoogle:  Portal moi personalizable, pero non ten moitas ferramentas aplicables ao ensino. Entra no paquete de Google.
  • Netvibes: Polo tipo de aplicacións (widgets) que nos ofrece é o máis recomendable para o ensino.
  • Symbaloo: O portal máis novo. Ofrece posibilidades para o ensino pero máis como aglutinador e organizador de enlaces que como escritorio.
Actualmente ningunha das tres aplicacións teñen a interface en galego, se ben é xusto dicir que Netvibes si a tiña dispoñible ata que actualizou a versión, polo que é de esperar que en breve a volva a ofrecer.