Utilidade no ensino

  1. Se utilizamos un lector de fontes RSS non é preciso visitar cada un dos sítios de interese para ver se hai publicado algo novo, pois xa recibimos no noso "agregador" todas as novidades de xeito automático.
  2. É unha das destrezas básicas da competencia dixital, pois permite manterse informado sobre a materia ou materias do noso interese.
  3. O seu uso eficaz obríganos a buscar e seleccionar boas fontes (feeds) de actualización. 
  4. Unha vez feita unha boa selección convírtese nunha das lecturas favoritas e é un excelente recurso de formación permanente e de localización de materiais e boas prácticas.
  5. É doado de modificar, cancelando as fontes que xa non interesan ou engadindo as novas atopadas. Ademais non existe o spam.
  6. Podemos agregar os blogs creados polo alumnado e facer un cómodo seguimento de todo o que eles vaian publicando.
  7. Mantén en contacto aos membros dunha comunidade, que grazas ao agregador tamén poden manterse informados do que publican os demais.