Por onde empezar

Pois remomendamos empezar por escoller que programa lector de RSS (ou agregador) imos utilizar. É conveniente facer isto primeiro pois a maioría dos feed, ou seccións sindicadas das páxinas, xa nos ofrecen a posibilidade de engadir a nosa escolla ao programa correspondente.

Convén sinalar que en todos eles, debido á necesidade de personalizar a aplicación, é preciso rexistrarse.

Hai moitas aplicacións en web para esta labor, algunhas son:

  • Google Reader: Outra das aplicacións que nos oferta no seu paquete Google. Aproveitando que xa deberíamos estar subscritos imos a practicar con ela (distintos idiomas).
  • Nevibes: Unha aplicación moito máis completa (e que tamén veremos en outros módulos deste curso) xa que permite crear escritorios virtuais. Pero o seu lector RSS é moi útil e funcional (en distintos idiomas).
  • Snarfer: As súas virtudes principais son a rápidez e funcionalidade. Escapa de elementos que compliquen o traballo (inglés).
  • Feedreader: Moi intuitivo (inglés).