Windows Xp

 

Para conectar un equipo con sistema operativo Windows XP premeremos

sobre a icona da conexión de rede co botón dereito e escollemos Visualizar redes se fíos . 

 

Veremos a lista de redes inalámbricas que están ao noso alcance. Identificamos a que nos interesa e prememos en Conectar. A continuación vainos pedir un contrasinal que nos debe facilitar o administrador da rede do centro.

Neste intre teríamos feita a conexión física pero non poderíamos navegar porque nos falta a conexión lóxica, é dicir debemos introcucirlle un protocolo que identifique os equipos e que lle permita o intercambio de mensaxes iremos a Inicio>Configuración>Panel de control>Conexións de rede

Prememos co botón dereito sobre a conexión de rede inalámbrica e imos a Propiedades. Na seguinte xanela seleccionamos Protocolo TCP/IP. Prememos no botón Propiedades e marcamos a opción Usar o seguinte enderezo IP. Neste punto cubrimos os datos da rede do noso centro tal e como se explicou en Considrecións previas.