Windows 7

 

 

 

Prememos un clic sobre a icona de conexión de rede e aparécennos as redes que están ao noso alcance. Seleccionamos a que desexamos conectarnos e dámoslle o contrasinal.

 

 

 

 

 

 

 

Premendo co botón dereito sobre a mesma icona ou desde o panel de control accedemos ao centro de redes e recursos compartidos.

Na xanela do centro de redes e recursos compartidos veremos a wifi á que estamos conectados, prememos sobre ela e accedemos á xanela de Estado de conexión de rede inalámbrica. Prememos en Propiedades >protocolo TCP/IP v4 >Propiedades e no centro escollemos Usar a seguinte dirección IP. Cubrimos os campos tendo en conta o sinalado en consideracións xerais.