Características
JClic é unha ferramenta formada por aplicacións informáticas coas que podemos crear, modificar ou desenvolver diferentes tipos de actividades educativas: Crebacabezas, sopas de letras, asociacións, ou actividades de texto. Funciona coa plataforma Java e podemos visualizar as actividades ou instalalas no noso equipo.
Accedemos á páxina do portal Jclic: http://clic.xtec.cat/es/jclic/
Seleccionamos os criterios de busca: area, idioma,nivel ...
Escollemos a actividade que nos interesa
Preséntase a actividade mencionando o autor, un breve resumo e as características principais.
Podemos escoller entre ver como funciona, activala desde a web ou instalala no teu equipo.
Se activamos o apartado "verlo" xa temos a actividade en marcha. Podemos capturar o código para incrustalo nunha web ou nun blog.
Tamén podemos copiar a "url" para crear un acceso directo.
