Actividades JCLIC
JClic permite realizar sete tipos básicos de actividades:
- As asociacións pretenden que o usuario descubra as relacións existentes entre dous conxuntos de información.
- Os xogos de memoria onde hai que ir descubrindo parellas de elementos iguais ou relacionados entre eles, que están escondidos.
- As actividades de exploración, identificación e información, que parten dun único conxunto de información.
- Os quebracabezas, que presentan a reconstrución dunha información que se presenta inicialmente desordenada. Esta información pode ser gráfica, textual, sonora ... ou combinar aspectos gráficos e auditivos ao mesmo tempo.
- As actividades de resposta escrita que se resolven escribindo un texto (unha soa palabra ou frases máis ou menos complexas).
- As actividades de texto, que presentan exercicios baseados sempre nas palabras, frases, letras e párrafos dun texto que hai que completar, entender, corrixir ou ordenar. Os textos poden conter tamén imaxes xanelas con contido activo.
- As sopas de letras e os encrucillados son variantes interactivas dos coñecidos pasatempos de palabras escondidas.
Algúns destes tipos presentan diversas modalidades, dando lugar a 16 posibilidades diferentes:
| TIPOS | DESCRIPCIÓN | |
| Asociación | simple | Preséntanse dous conxuntos de información que teñen o mesmo número de elementos. A cada elemento do conxunto orixe corresponde un elemento do conxunto imaxe. |
| complexa | Tamén se presentan dous conxuntos de información, pero estes poden ter un número diferente de elementos e entre eles pódense dar diversos tipos de relación: un a un, diversos a un, elementos sen asignar ... | |
| Xogo de memoria |
Este tipo de actividades consiste en descubrir parellas de elementos entre un conxunto de recadros inicialmente escondidas. As parellas poden estar formadas por dúas pezas idénticas, ou por dous elementos relacionados. En cada intento destápanse dúas pezas, que se volven a esconder se non forman parella. O obxectivo é destapar tódolos elementos do panel. |
|
| Actividade de exploración | Amósase a información inicial e ao facer clic nela aparece, para cada elemento, unha determinada peza de información. | |
| Actividade de identificación | Preséntase só un conxunto de información e hai que facer clic sobre aqueles elementos que cumpren unha determinada condición. | |
| Pantalla de información | Amósase un conxunto de información e, opcionalmente, ofrécese a posibilidade de activar o contido multimedia que leve cada elemento. | |
| Quebracabezas | dobre | Amósanse dous paneis. Nun está a información desordenada e o outro está baleiro. Hai que reconstruír o obxecto no panel baleiro levando alí as pezas unha por unha. |
| de intercambio | Nun único panel mestúrase a información. En cada intento conmútanse as posicións de dúas pezas, ata ordenar o obxecto. | |
| de buraco | Nun único panel faise desaparecer unha peza e se mestúranse as restantes. En cada intento pódese desprazar unha das pezas cara ao buraco, ata que queden todas no orden orixinal. | |
| Texto | Completar texto | Nun texto fanse desaparecer determinadas partes (letras, palabras, signos de puntuación, frases) e o usuario debe completalo. |
| Encher Ocos | Nun texto selecciónanse determinadas palabras, letras e frases que se esconden ou se camuflan, e o usuario debe completalo. A resolución de cada un dos elementos escondidos pódese presentar de maneiras distintas: escribindo nun espazo baleiro, corrixindo unha expresión que contén erros ou seleccionando diversas respostas posibles dunha lista. | |
| Identificar elementos | O usuario debe facer clic sobre determinadas palabras, letras, cifras, símbolos ou signos de puntuación. | |
| Ordenar elementos | No momento de deseñar a actividade selecciónanse no texto algunhas palabras ou parágrafos, que se mesturarán entre si. O usuario debe poñelo en orden de novo. | |
| Resposta escrita | Amósase un conxunto de información e, para cada un dos seus elementos, hai que escribir o texto correspondente. | |
| Encrucillados | Hai que ir completando o panel de palabras a partir das súas definicións. As definicións poden ser textuais, gráficas ou sonoras. O programa amosa automaticamente as definicións das dúas palabras que se cruzan na posición onde se atope o cursor en cada momento. | |
| Sopa de letras |
Hai que atopar as palabras escondidas nun panel de letras. Os recadros neutros do panel (que non pertencen a ningunha palabra) complétanse con caracteres seleccionados ao chou en cada xogada. Pode ter un contido asociado. Neste caso irase desvelando un elemento dun conxunto de información (texto, sons, imaxes ou animacións) cada vez que se localice unha palabra nova. |
|