S.O. Ubuntu

No sistema operativo Ubuntu/Debiam de Linux a instalación de programas ten unha serie de matices que fan que teña uns pros e contras, que imos tratar de explicar; podemos considerar 3 grupos de programas que podemos instalar ou traballar:
1º.- O S.O. Ubuntu trae incorporado o CENTRO de SOFTWARE no que hai infinidade de programas e aplicacións, moitos deles son a versión libre e gratuita dos programas máis representativos de Windows, por exemplo: Libre Office é a versión libre de Office de Windows; Gimp, é a versión de Photoshop;... Estes programas son moi doados de instalar: ábrese o centro de software, búscase o programa e prémese en instalar (hai algúns que costan diñeiro)
2º.- Temos un grupo de programas que se instalan en Ubuntu porque hai a versión en Linux  pero que non están no Centro de Software, por exemplo Google Chrome (Ollo!!! que no centro de software hai o Chromium que é unha versión do Chrome pero non ten todas as súas funcións). Para algúns destes programas necesitamos uns programas adicionais para poder instalalos.
3º.- Un grupo de programas, os executables   *.exe que se poden executar (non instalar) grazas a outro programa chamado WINE que está no Centro de Software de Ubuntu.
4º.-E podemos considerar un grupo de programas que non se poden utilizar en Ubuntu aínda que hai outros que os sustitúen moi ben: Photoshop, Office, ...
Imos a instalar na práctica  un programa de cada maneira: