Google Chrome

 Google Chrome non está no Centro de Software, polo tanto terémolo que descargar de internet a súa versión de Linux e logo instalalo, procedamos:
1º.- Buscamos co explorador o programa:(estes pasos son idénticos que cando o instalamos en windows)
2º.-Elíxese a versión de Linux que nos vaia ben, neste caso coma o ordenador é de 32 bits (ordenador antigüo,a información está en:  Meu PC/Equipo, premer botón dereito do rato e Propiedades) eliximos esa. Aquí comezan as diferencias con Windows xa que non se instala directamente senon que o descarga:
              
e vai parar o cartafol DESCARGAS:
                                                           
3º.- Agora hai que abrir ese paquete, para iso, situámonos co cursor enriba do paquete e co botón dereito eleximos: Abrir con > Centro de Software de Ubuntu:
4º.- Sempre que se instale un programa desta maneira o S.O. require a confirmación coa introducción do contrasinal do sistema, que é o mesmo ca do usuario que se introduce para entrar en Ubuntu:
Ás veces o Ubuntu é algo "quisquilloso" e con algúns programas aparece unha ventá (co Google Chrome non pasa):
Pero, simplemente, premendo en Ignorar e instalar xa se instalará.
Unha vez feito esto o sistema xa instala o Programa e REMATAMOS!!!.