Seleccionar

Chamamos seleccionar á acción de resaltar ou marcar o texto ao que queremos facer modificacións, de tal xeito que os cambios no formatado só afecten ao texto elixido. É unha acción fundamental para poder alterar ou formatar un texto; lévase a cabo pulsando ao comezo do texto que nos interesa e levando o rato ata a fin da porción que queremos formatar, sen deixar de premer o botón esquerdo do rato.

Se non seleccionamos texto, o formato que queiramos aplicar afectará a todo o que escribamos a partir do punto onde se atopa o cursor.