Menús
Os menús dannos acceso a todas as funcións que inclúe o programa. Probablemente os que máis utilizaremos serán os menús "Ficheiro", "Inserir" e "Formato".
Ficheiro: temos todas as opcións relacionadas cos ficheiros: Novo, Abrir, Gardar, Gardar como..., Imprimir, Previsualizar, Exportar como PDF, etc.
Inserir: Son múltiples as opcións que temos neste menú, pero seguramente as que máis utilicemos sexan Inserir Táboa e Imaxe. Aparte disto, podemos xestionar encabezados e pés de páxina, insertar números de páxina, vídeo, etc.
No menú Formato controlaremos os aspectos visuais do noso documento: configuración da páxina, interlineados, tipos de letra, disposición de obxectos, etc