Inkscape e un aplicativo libre fantástico para edición vectorial, moi potente e multiplataforma. Aínda que non o veremos neste curso, deixamos aquí un manual moi completo escrito por un profesor de secundaria de Ponferrada: Inkscape logo a logo. Os logos cos que traballa no manual podes descargalos aquí.

Tamén pode ser do voso interese un pequeno tutorial sobre unha tarefa concreta de Inkscape, producto dun grupo de traballo sobre Sw Libre no IES Campo de San Alberto de Noia: Espiralízate - dándolle voltas ao Inkscape (PDF).

Para Musescore, hai 10 vídeo-tutoriais fantásticos na propia web (en inglés, subtitulados en galego ou castelán, segundo a língua predeterminada do voso navegador), de entre 2 e 4 minutos cada un, máis ou menos. Os vídeos están na sección "Primeiros pasos", abaixo á esquerda na web do proxecto.

Para Stellarium, temos a axuda do programa. Tamén deixo este pequeno manual de introducción.

Para Kig, podedes consultar, aparte da axuda do propio programa, este pequeno tutorial elaborado pola profesora de matemáticas Aurora Bugallo Lope, durante un grupo de traballo sobre Sw Libre no IES Campo de San Alberto de Noia. A versión en formato ODF (editable) a tedes aquí.

Para Kturtle está moi ben a propia axuda do programa. Deixo tamén aquí un boletín de exercicios que usei na asignatura optativa de informática de 4º de ESO o curso pasado, así como os ficheiros .kturtle solución, e outros ficheiros que poden ser do voso interese. Descárganse aquí.
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM