Para comezar, revisa nesta ligazón varias definicións de traballo colaborativo.

Despois, propoñémoste que analices

os elementos principais do traballo colaborativo.

Un dos obxectivos básicos que perseguimos coa utilización desta estratexia é que o intercambio de ideas e actuacións dos membros implicados no proceso nos leve á elaboración de novas ideas, a realización de novas actividades formativas, novas propostas de acción, e para iso é conveniente seguir unha serie de principios xerais, como son:

1.
A comunicación entre os membros que participan debe ser frecuente, fluída e rápida.
2.
A exposición das ideas, principios, accións..., debe realizarse de forma clara e concisa.
3.
Non basta con achegar, débese xustificar.
4.
Todas as aportacións deben ser tratadas de forma crítica e construtiva.
5.
Todos os membros deben achegar ideas ou argumentacións.
6.
A información debe estar dispoñible para todos os membros. Non deben existir achegas ocultas.
7.
Débese establecer un calendario de duración do traballo e de formación de ideas conxuntas.
8.
Non só se debe chegar a un consenso de acordos o desacordos, senón consenso de argumentacións. Os resultados alcanzados non deben ser o produto sumatorio do traballo en grupo, senón da súa negociación e cohesión.
9.
Ao iniciar as sesións de traballo colaborativo en contornos telemáticos débese deixar claro as ferramentas de comunicación que se utilizarán (e-mail, chat, BSCW...) e as funcións para as que se destinarán cada un.
10. Todos deben coñecer as reglas de funcionamento do grupo.
11.
Cada membro do grupo debe asumir unha responsabilidade individual para a realización da actividade; polo tanto, deben ser responsables para o traballo final.
12.
Para que o traballo colaborativo funcione deben establecerse relacións socioafectivas positivas entre os participantes. Deben existir relaciónss de interdependencia positiva entre os diferentes membros.

E para rematar, aquí deixamos algúns artigos para ampliar información:

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM