Traballamos con LEDs
O robot mBot Ranger dispón de doce leds formando un anel acoplado á placa Me Auriga.
O programa mBlock Ranger ten dentro do bloque Robot varios comandos para poder programar os leds.
No comando da imaxe inferior pódense seleccionar todos ou algúns dos leds e coas variacións de cores que consideremos.
- LEDs-1: Deseñar un programa no que, os leds se acendan en vermello.
SOLUCIÓN:
- LEDs-2: Deseñar un programa no que, os leds se acendan en azul.
SOLUCIÓN:
- LEDs-3: Deseñar un programa no que, os leds se acendan en verde.
SOLUCIÓN:
- LEDs-4: Deseñar un programa no que todos os led se acendan, á vez, en vermello, pasado un segundo se acendan todos en verde e finalmente pasado un segundo todos en azul. Como se quere que o mBot sexa unha disco-Leds darlle a orde de que o proceso se repita sempre.
SOLUCIÓN:
No seguinte vídeo podes ver o resultado final:
- LEDs-5: Programar o mBot Ranger para poder obter as seguintes cores: amarelo, ciano, maxenta e branco.
Para esta actividade hai que familiarizarse co código RGB.

AdditiveColor, SharkD en Wikipedia Dominio público.
O código de cores RGB, vermello - verde - azul, baséase na mestura destas 3 cores, para conseguir toda a gama completa. Cada unha das cores toma un valor entre 0 e 255, un total de 256, co que se consegue un total de 256 x 256 x 256 = 16.777.216 cores distintas.
Pódese empregar a seguinte ferramenta para obter a cor que se quera.
-
- LEDs-5.1: Amarelo
SOLUCIÓN:
-
- LEDs-5.2: Ciano
SOLUCIÓN:
-
- LEDs-5.3: Maxenta
SOLUCIÓN:
-
- LEDs-5.4: Branco
SOLUCIÓN:
- LEDs-6: Deseñar un programa que vaia acendendo led a led, ata que estean todos prendidos, “sen usar variables” e despois se apaguen todos a un tempo.
SOLUCIÓN:

No seguinte vídeo podes ver o resultado final:
- LEDs-7: Deseñar un programa que vaia acendendo led a led ata que os teña todos prendidos, e despois se apaguen todos a un tempo e volver a comezar.
SOLUCIÓN:

No seguinte vídeo podes ver o resultado final:
- LEDs-8: Facer o mesmo programa anterior pero empregando unha variable. Crear unha variable chamada nº de leds.
SOLUCIÓN:

- LEDs-9: Modificar o programa anterior para que unha vez que están todos acesos se vaian apagando un a un. E que a cor na que se acenden sexa a branca.
SOLUCIÓN:

No seguinte vídeo podes ver o resultado final:
- LEDs-10: Modificar o programa anterior para que se acendan nunha cor ao chou. Para iso hai que empregar a seguinte orde:
SOLUCIÓN:
No seguinte vídeo podes ver o resultado final:
- LEDs-11: Modificar o programa para que repita o ciclo anterior para sempre. Para iso hai que empregar a seguinte orde:
SOLUCIÓN:
No seguinte vídeo podes ver o resultado final:
- LEDs-12: Programar o robot para que teña un led que funcione intermitentemente e no cal cando o led esté acendido soe unha nota musical e cando esté apagado soe outra nota distinta.
Para que soe hai que seguir as seguintes ordes:
SOLUCIÓN:
No seguinte vídeo podes ver o resultado final:
- LEDs-13: Gravar o programa na placa Arduino. Para gravar algúns dos programas feitos do robot e poder desconectalo do ordenador e que siga funcionando hai que executar os seguintes pasos:
- Seleccionar no menú Editar o Modo Arduino:
- Seleccionar no menú Editar o Modo Arduino:
-
- Abrirase a seguinte ventana:
- Abrirase a seguinte ventana:
-
- Premer en Subir a Arduino: