Instalación do programa
A programación do robot mBot Ranger e mBot, levárase a cabo dende o programa mBlock. Este software é unha contorna gráfica baseada no editor Scratch 2.0 para introducir a robótica de forma sinxela e ensinar a programar robots baseados en arduino ao alumnado de ESO e Bacharelato. O alumno programa o robot utilizando unha interface moi intuitiva. Usa bloques previamente definidos para dar ordes ao robot e se xa o alumnado sabe programar por bloques entón pode pasar a un nivel superior programando na contorna arduino.
O mBlock a nivel de programación ten as seguintes vantaxes:
-
O alumnado pode programar os robot de forma inalámbrica mediante tecnoloxía bluetooth ou 2.4G.
-
O alumnado controla e dirixe o robot co seu dispositivo móbil.
-
O alumnado vaise introducindo sen apenas decatarse en niveis superiores xa que lles permite traducir os bloques de Scratch a código fonte arduino.
-
O alumnado pode probar o programa que realiza en bloques no mesmo momento, sen necesidade de gravalo na placa. Deste xeito poden corrixir aqueles erros que poidan xurdir.
-
O alumnado unha vez que comproba que o resultado é o correcto o pode gravar de forma permanente na placa do robot.
A descarga do software mBlock, tanto para Windows como para iOS, pode facerse dende o seguinte link: http://www.mblock.cc/download onde aparecerá unha páxina dándonos todas as opcións.
O programa mBlock actualízase por si mesmo, pedindo permiso á administración do equipo.