Por que usar Anchor?

Anchor é unha aplicación diferente para a creación de podcasts, especialmente porque case todo o podemos facer nela. En Anchor pódese realizar toda a gravación, edición e aloxamento, xa sexa a través da aplicación de teléfono gratuíta ou a través do seu portal Anchor.fm.

Anchor pretende ser unha especie de Vin ou Instagram dos podcasts. Fácil de gravar e centrado no móbil.


Publicación e distribución.

O mellor de Anchor é que nos só temos que cargar un episodio e aparecerá automaticamente en lugares como Apple Podcasts, Spotify e Google Podcasts. Así é como funciona Anchor e aí radica unha das súas grandes vantaxes.

O normal é que noutras plataformas un podcaster teña que enviar o seu programa a estes sitios. É unha tarefa que se realiza unha soa vez e cando é aprobado, digamos, por Apple Podcasts, todos os episodios futuros que cargue publicaranse alí de maneira automática.

Servizos de aloxamento como Buzzsprout e Captivate fan que sexa moi sinxelo enviar o podcast a todos os directorios, pero Anchor vai máis aló e faino de maneira automática, evitándolle a un ese traballo.

Digamos que isto é moi bo se un simplemente está en plan de experimentación ou non pensa dedicarse a publicar podcasts moi profesionalmente.


Creación dun episodio.

Se queremos podemos gravar con varias persoas á vez e desde a distancia con algo tan simple como compartir unha ligazón para que se unan e podemos recibir clips de audio dos nosos oíntes a través doutras ligazóns.

Ademais disto, podemos editar os clips desde a propia app. Utilizan tecnoloxía drag&drop polo que engadir, eliminar e mover os clips de audio é moi sinxelo e intuitivo.

Unha vez gardado o audio poderemos engadir novos anacos volvendo repetir o proceso e mesmo engadir diversos clips de música de fondo para darlle un toque máis completo.

Despois procedemos á publicación en multitude de plataformas, se o temos claro, nuns minutos estará publicado.


Publicación dun podcast dende cero usando o  smartphone.

Para chegar a publicar un podcast temos que seguir unha serie de pasos: Instalación, gravación, edición e publicación. É moi doado.

A publicación en Spotify é inmediata, mentras que noutras plataformas pode tardar uns días. Recibiremos mensaxes no correo asociado á nosa conta avisando de que se fixo esa publicación.

No seguinte video descríbese o procedemento para publicar un podcast partindo de cero.



Last modified: Sunday, 14 March 2021, 4:17 PM