Glosario da Unidade 8
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
V |
|---|
Violencia de xéneroDenominada tamén violencia machista é aquela violencia -física, sexual, psicolóxica, económica...- que é exercida por parte dos homes cara ás mulleres polo mero feito de selo. | |
Violencia económicaConsiste no control por parte do maltratador dos recursos económicos que forman parte do fogar coa finalidade de restar autonomía á vítima. | |
Violencia intrafamiliarÉ calquera tipo de violencia -física, psicolóxica, sexual...- que é exercida por unha persoa da familia cara a outra/o. Inclúe a violencia cara a menores, persoas maiores ou dependentes, filioparental, cara aos homes por parte das mulleres, etc.
| |
Violencia machistaDenominada tamén violencia de xénero é a violencia de calquera tipo que se exerce por parte dos homes cara ás mulleres polo mero feito de selo.
| |
Violencia psicolóxicaÉ calquera dano que se exerce cara a outra persoa na súa autoestima ou dignidade mediante a o exercicio de ameazas, coaccións, menosprezos, insultos, humillacións... que poden chegar a causar danos psicolóxicos severos.
| |
Violencia sexualÉ calquera dano que se exerce cara a outra persoa mediante o emprego da forza física, de coaccións, ameazas, comentarios non desexados... de índole sexual.
| |