Consulte o glossário usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODOS

F

Feminización/masculinización laboral

Este termo refírese aos empregos que teñen un alto compoñente de sesgo de xénero. Os empregos feminizados son aqueles relacionados cos coidados e o traballo doméstico, coas relacións sociais e a afectividade: mestra, enfermeira, telefonista, limpadora... Soen ademais ser traballos precarizados, con salarios baixos, xornadas parciais e contratos temporais. Os traballos masculinizados son os que teñen que ver coa forza, o coraxe ou a intelixencia: bombeiro, policía, inxeniero son algúns exemplos. Adoitan ser empregos con máis estabilidade, xornadas completas e salarios altos.


Fenda salarial de xénero

É a diferencia salarial que existe entre os ingresos dos homes e das mulleres e que se deben a razóns de xénero. As razóns soen estar relacionadas coa precarización do emprego feminino: salarios baixos, profesións pouco cualificadas, xornadas parciais, contratos temporais...