Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

F

Faz

Cara superior dunha folla.

Febrífugo

Que diminúe a febre.

Filiforme

Con forma de fío.

Folículo

Tipo de froito seco que se abre por un lado e que ten unha soa cavidade que encerra varias sementes.

Folla caduca

Folla que non se mantén na planta durante todo o ano.

Folla escuamiforme ou escamosa

Que semella ter escamas.

Folla peciolada

Que ten pecíolo.

Folla perenne

Folla que se mantén na planta durante todo o ano.

Folla pinnada

Folla composta por varios folíolos ou pinnas.