É toda práctica que, por acción ou omisión, ten como resultado a reprodución das desigualdades entre mulleres e homes no mercado laboral. Existen diversas formas de discriminación laboral de xénero. Unha indirectas, como pode ser ofrecer traballos feminizados, categorías inferiores ou xornadas parciais e outras directas como despidos por embarazo ou acoso sexual no traballo.