Foro dos subgrupos

Subgrupo de traballo: Itinerario de formación

Subgrupo de traballo: Itinerario de formación

de Diana Pastoriza Espasandín -
Número de respuestas: 0

Ola, bo día!

Só para comentarmos un pouco como avanzamos no noso grupo: Comezamos cunha primeira reunión vía videoconferencia a pasada semana na que fixemos unha choiva de ideas acerca de como dirixirnos ao profesorado que vai impartir por primeira vez a modalidade semipresencial. Todos/as concordamos en que deben convivir actividades breves de achegamento (máis de “petiscos formativos”) con outras de máis calado e duración no tempo como os propios cursos de formación. 

Eses petiscos aínda así deberían recollerse nun curso de formación aberta en Platega, ou mesmo nunha aula virtual accesible tamén para profesorado interino e substituto que teña que enfrontarse a esta modalidade.

A medida que avanzamos no debate, chegamos as seguintes conclusións:


  • Pensamos que podería ser de interese e utilidade recompilar de todos os recursos para a formación dispoñibles nestes intres no relativo ao ensino semipresencial (os webinarios, os cinco cursos sobre ensino semipresencial  - en proceso de creación actualmente-, os recursos que se van crear en cada un dos grupos de traballo e as futuras observacións do vindeiro año), e elaborar un percorrido/mapa onde estruturar todo. Deste modo, o profesorado de nova incorporación ou sen experiencia na semipresencialidade, será quen de atopar toda a formación ao seu alcance dun xeito estruturado e coherente. Neste percorrido/mapa iremos incorporando información non soamente en soporte escrito, senón tamén visual (vídeo) e auditivo (podcast).

  • Tendo en conta que o prazo do proxecto continúa o vindeiro ano, considerouse igualmente pertinente comezar a deseñar unha enquisa para lanzar o vindeiro ano a todo o profesorado, de xeito que poidan apreciarse as posibles carencias neste percorrido de formación na modalidade semipresencial.


En base a estes dous enfoques, para organizármonos, estamos agora traballando en subgrupos do seguinte modo:


  • Deseño do percorrido/mapa: Santiago, Lucía e Elena

  • Elaboración do podcast: Esther, Cristina e Alicia

  • Creación da enquisa: Sonia, Isabel e Diana


    O noso cartafol está visible para todos/as pero só é editable polas persoas que compoñemos o grupo.