Boa tarde a todos/as,
Agardando que esteades todos ben, retomamos o tema dos grupos de traballo. Sentimos que non fora posible comezar antes e queremos agradecervos a vosa paciencia e o voso interese en todo momento; agardamos que, a partir de hoxe, si poidamos iniciar esta colaboración conxunta que pode ser de tanta axuda para a nosa formación no ensino semipresencial.
A partir das vosas solicitudes e tratando de respectar a vosa primeira escolla, fixéronse os grupos de traballo e distribuíronse as persoas que os van constituir. No seguinte documento poderedes ver quen forma parte do voso grupo. Tedes igualmente o seu enderezo electrónico para iniciar os primeiros contactos, especialmente se non pertencedes á mesma EOI. Respecto ás posibles canles de comunicación, aínda que nós vos podemos recomendar o intercambio de correos electrónicos, as videoconferencias con Webex, a creación dun grupo en Redeiras ou Agueiro, o emprego de mensaxería móbil… a organización das mesmas vai depender do que vós consideredes máis adecuado e útil. Tamén podedes empregar os foros da nosa aula virtual sen problema, o único tede en conta que son de carácter público e calquera persoa os pode ver.
Unha vez vos coñezades e poñades en común as vosas ideas sobre como enfocar o traballo no voso grupo, sería de interese se puidésedes ter unha idea inicial ou primeira proposta perfilada para a volta da Semana Santa. Por se fose de axuda, compartimos un documento con diversos recursos que poden ser de interese. Loxicamente, a medida que avancedes nos vosos grupos e presentedes resultados (unha infografía, un vídeo…), estes subiranse á aula virtual de SBLENDID e daráselles difusión a través das redes sociais, posto que un dos obxectivos principais neste tipo de proxectos é compartir o traballo co resto do profesorado. De tódolos xeitos, aínda que será bo ir avanzando, non vos preocupedes por ter algo completamente rematado, dado que aínda temos un ano máis para desenvolver o proxecto e continuar colaborando.
Pola nosa parte, estaremos as dúas ao voso dispor para canto precisedes (podedes contactarnos neste correo ou convocarnos a videoconferencias, etc.). Porén, ao considerarmos que a autonomía é primordial na dinámica e evolución tanto do voso grupo como das vosas achegas, preferimos ter un rol máis difuminado e non pautar de máis o voso traballo.
Por último, engadimos a información relativa ao webinario “Ensino semipresencial en Galicia” que terá lugar este xoves 25 de febreiro ás 12.00. Grazas por todas as preguntas enviadas! Como en anteriores ocasións, o webinario realizarase a través de Webex (Ligazón a Webex: Número de reunión: 181 141 5907 - Contrasinal: JPip33JMa32) e emitirase en streaming na canle de Youtube do CAFI Galicia. Unha vez escoitadas as achegas dos/as vosos/as compañeiros/as, sería interesante que deixáramos un comentario no foro da aula virtual sobre os aspectos que nos atraen máis do ensino semipresencial e/ou nos parece que revisten maior complexidade.
Con moitas ganas de continuar avanzando xuntos/a neste percorrido do mundo da semipresencialide, recibide unha forte aperta,
Alicia Eizaguirre e Diana Pastoriza