PROXECTO SBLENDID:Foro de novas

SBLENDID: Seguintes pasos

SBLENDID: Seguintes pasos

de Diana Pastoriza Espasandín -
Número de respuestas: 0

Ola bo día:

Escribímosvos en relación ao proxecto SBLENDID para comunicarvos os seguintes aspectos de interese:

  • Cumpriría, para comezarmos o traballo en grupos, que todo o mundo tivese feita a súa escolla antes do día 23 de xaneiro. Na seguinte táboa recollemos as que fomos recibindo por diferentes vías. Faltan 25 persoas e pregaríamosvos que engadísedes a vosa escolla a carón do voso nome.

  • Quédannos tan só 2 webinarios no que resta deste curso académico: 

  1. Un a cargo dos/as compañeiros/as de Santiago e Coruña que imparten ensino semipresencial e que, amablemente, se prestaron a participar nunha sesión aberta. A tal efecto, pedímosvos que antes do día 10 de febreiro deixedes as vosas preguntas no seguinte documento. Como veredes, hai dous aspectos sobre os que podedes artellar as vosas cuestións: 1) aspectos relativos á elaboración de materiais; 2) aspectos relativos á titorización dos cursos. O webinario que terá lugar o día 25 de febreiro, xoves, en horario de mañá terá o formato de preguntas e respostas, e para iso empregaremos precisamente as cuestións que teñades formulado previamente.

  2. O outro webinario, que terá lugar arredor do mes de abril, terá que ver co emprego de eTwinning como ferramenta de aprendizaxe no ensino semipresencial.

Hai un par de cuestións que nos fostes formulando a través doutras canles respecto ao desenvolvemento das actividades así como algunhas novidades que nos gustaría comunicarvos. Abordarémolas na vindeira reunión da comisión e as vosas coordinadoras de cada EOI trasladaranvos a información.


Un saúdo de Alicia Eizaguirre e Diana Pastoriza