PROXECTO SBLENDID:Foro de novas

WEBINARIO Paola Iasci: Configuración dun taller de coavaliación en Moodle

WEBINARIO Paola Iasci: Configuración dun taller de coavaliación en Moodle

by Diana Pastoriza Espasandín -
Number of replies: 0
Ola, bo día a todos/as:

Esperamos que gozárades dun bo descanso e todos/as vos atopedes con ben.

Queriamos primeiramente desculparnos con todas aquelas persoas que non puidestes facer a vosa escolla a través da aula virtual. Onte falábamolo ao teléfono con algunhas de vós, esta experiencia tamén nos está axudando a nós a vivenciar en primeira persoa as dificultades do traballo a distancia, os aspectos técnicos que hai que ter en conta e os posibles desafíos que poden xurdir. Grazas pola vosa paciencia!

Os/as que xa fixestes a escolla, perfecto, non hai máis nada que teñades que facer. O mesmo para todos/as aqueles/as que nos comunicastes por outras vías as vosas preferencias, xa ás engadimos.

Para os/as que aínda non seleccionastes grupo, a escolla volve estar aberta na aula virtual, pero se o preferides e vos resulta máis cómodo podedes encher directamente as vosas 3 preferencias no seguinte documento. Se vos parece establecemos o día 23 de xaneiro para ter este proceso finalizado.

Por outra banda, o venres día 15 ás 12:00 temos o webinario con Paola Iasci, que organizamos a petición das participantes no curso de NILE. É unha estupenda oportunidade non só para ver as posibilidades do taller en Moodle senón tamén para aprender xunto con compañeiras das EOI de Pamplona e Madrid.

A información para acceder ao webinar é a seguinte:
Ligazón á reunión: https://cafi.my.webex.com/cafi.my/j.php?MTID=m02ed5d3d2900b08bf348b4f4267537a3 
Número de reunión: 175 801 1045
Contrasinal: Z6m3N9DDszT (96636933 a través de teléfonos y sistemas de vídeo)

É bo que vos conectedes a través do Webex para podermos levar rexistro da asistencia (polo seminario de formación) pero se por calquera motivo non podedes facelo e accededes na ligazón en directo en Youtube, deixade un comentario no chat do evento para termos conta e engadilo ao rexistro, dacordo?

Un saúdo de Alicia Eizaguirre e Diana Pastoriza


Attachment Webinario_PAOLA_IASCI.png