PROXECTO SBLENDID:Foro de novas

Escolla de subgrupos

Escolla de subgrupos

por Diana Pastoriza Espasandín -
Number of replies: 0

Ola a todos/as!

Queriamos escribirvos despois do curso que vimos de rematar con NILE. A valoración que fixemos as participantes foi moi boa e esperamos compartirvos os nosos portafolios de aprendizaxe pronto (quedarán na aula virtual) así como novidades sobre algunhas propostas específicas que estamos pensando como resultado do aprendido. Moitos/as xa nos fostes dando feedback do que compartimos nas redes sociais ao fío do aprendido, grazas tamén por esa interacción que sempre é motivadora!

Por outra banda, queriamos revisar o cronograma de traballo convosco:

- A partir de xaneiro quédannos 2 webinarios (datas pendentes de acordar), un coa EOI de Coruña para que nos conten como artellan o ensino semipresencial e outro con Carmen Fernández para comezar o proxecto en eTwinning. A maiores, a profesora Paola Iasci, da EOI Alcalá, ofreceuse a darnos unha sesión práctica para montar un taller de coavaliación en Moodle. Será o venres día 15 de xaneiro ás 12:00. Se non podedes asistir en directo non pasa nada, quedará gravado e a o voso dispor.

-  Tedes xa activa a escolla na Aula virtual para o traballo en pequenos grupos. Estará aberta ata o 10 de xaneiro e pedímosvos que seleccionedes 3 opcións favoritas para tentar respectar os desexos de todos/as.

- Seguimos na procura dun curso para nivel principiante noutra lingua que non sexa o inglés para o mes de marzo. Recordade que podedes facer as vosas propostas de institucións e cursos neste documento. Ide pensando tamén se vos gustaría participar como asistentes a este curso e falada coa persoa coordinadora na vosa EOI se queredes presentar proxecto, dacordo?

- Como todos/as estades matriculados/as no curso, podedes deixar as vosas preguntas no Foro de dúbidas e consultas.

Sen máis, enviámosvos un agarimoso saúdo e un desexo de saúde e descanso para as datas que veñen.

Alicia Eizaguirre e Diana Pastoriza