Foro de novas

EdiLIM+ LOM-ES mediante Reload Editor

EdiLIM+ LOM-ES mediante Reload Editor

por Ricardo Feijoo Costa -
Number of replies: 3
Ola a todas/os,

por se vos resulta de interese o seguinte sería un posible procedemento para engadir/editar metadatos (LOM-ES) a actividades creadas con EdiLIM:
  1. Dirixirse á páxina http://www.lom-es.es/herramientas.htm
  2. Dirixirse á sección 3.3 e descargar o arquivo http://www.lom-es.es/utilidades_isftic-red.es_lom-es/lom-es_reload.zip
  3. Descomprimir ese arquivo nun cartafol.
  4. Seguir as instruccións, que atoparedes no cartafol anterior.
  5. Descomprimir o arquivo zip xerado en EdiLIM na opción Exportar-->Empaquetar.
  6. Abrir no Reload Editor o arquivo imsmanifest.xml dentro do cartafol xerado na descompresión no paso anterior.
  7. Editar Metadatos, os cales xa están adoptados ao perfil de aplicación LOM-ES.
Espero serva de axuda.

Saúdos e ánimos.
In reply to Ricardo Feijoo Costa

Re: EdiLIM+ LOM-ES mediante Reload Editor

por Ricardo Feijoo Costa -
Ola a todas/os,

por se as explicacións do arquivo de Intruccións resultan confusas, achégovos a seguinte ligazón dun vídeo que reproduce o procedemento para incorporar en Reload Editor a posibilidade de traballar cos metadatos LOM-ES:


Este vídeo tamén podédelo atopar no curso para a súa descarga ao final da Sesión 1.

Espero serva de axuda.

Saúdos.