Foro de novas

EdiLIM+ LOM-ES mediante Reload Editor

EdiLIM+ LOM-ES mediante Reload Editor

par Ricardo Feijoo Costa,
Number of replies: 3
Ola a todas/os,

por se vos resulta de interese o seguinte sería un posible procedemento para engadir/editar metadatos (LOM-ES) a actividades creadas con EdiLIM:
  1. Dirixirse á páxina http://www.lom-es.es/herramientas.htm
  2. Dirixirse á sección 3.3 e descargar o arquivo http://www.lom-es.es/utilidades_isftic-red.es_lom-es/lom-es_reload.zip
  3. Descomprimir ese arquivo nun cartafol.
  4. Seguir as instruccións, que atoparedes no cartafol anterior.
  5. Descomprimir o arquivo zip xerado en EdiLIM na opción Exportar-->Empaquetar.
  6. Abrir no Reload Editor o arquivo imsmanifest.xml dentro do cartafol xerado na descompresión no paso anterior.
  7. Editar Metadatos, os cales xa están adoptados ao perfil de aplicación LOM-ES.
Espero serva de axuda.

Saúdos e ánimos.
In reply to Ricardo Feijoo Costa

Re: EdiLIM+ LOM-ES mediante Reload Editor

par Pablo Gulín Díaz,
Moi boa esta aportación! Moitas grazas pola túa labor de búsqueda de solucións para casos concretos.

Un saúdo!
In reply to Ricardo Feijoo Costa

Re: EdiLIM+ LOM-ES mediante Reload Editor

par Ricardo Feijoo Costa,
Ola a todas/os,

por se as explicacións do arquivo de Intruccións resultan confusas, achégovos a seguinte ligazón dun vídeo que reproduce o procedemento para incorporar en Reload Editor a posibilidade de traballar cos metadatos LOM-ES:


Este vídeo tamén podédelo atopar no curso para a súa descarga ao final da Sesión 1.

Espero serva de axuda.

Saúdos.
In reply to Ricardo Feijoo Costa

Re: EdiLIM+ LOM-ES mediante Reload Editor

par Pablo Gulín Díaz,
Moitas grazas Ricardo! Un gran traballo. Agora creo que é imposible pór a excusa de que non se pode catalogar en LOM-ES... Un saúdo!