FORO DE DEBATE

Formación de grupos

Formación de grupos

di Leonor Mazaira Garro -
Numero di risposte: 12
Onte falamos das dificultades de formar grupos na Aula Virtual, sen coñecérmonos; poderíamos aproveitar este foro para saber en que etapa traballa cada un e cal é a súa especialidade, se está ou non no equipo da biblioteca escolar, sobre que tema prtende facer o seu deseño, etc.
Necesitamos a participación de todas as persoas do curso para sacar esto adiante.
E non esquezamos prantexar as dúbidas xurdidas das sesións presenciais.
Deica a semana.
In riposta a Leonor Mazaira Garro

Re: Formación de grupos

di María José Piñeiro Rey -
Ola, 
Son Mª José Piñeiro, CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Formo parte do equipo de biblioteca e este ano decidimos embarcarnos nun proxecto para o cal formamos un grupo de traballo. Empezamos a facer algo, pero pouco, estamos algo perdidos.
Formamos parte do grupo sete persoas do centro e asistimos dúas a este curso, polo tanto, Bárbara Castro e máis eu traballaremos xuntas. Nós xa temos o tema e xa empezamos a facer algunha cousa. Pretendemos traballar sobre as culturas do mundo, coñecer algunha ou algunha parte delas, dado que o tema é moi amplo. A ver se asentamos e nos poñemos a deseñar o que queremos.
In riposta a Leonor Mazaira Garro

Re: Formación de grupos

di Mayte Leis -
Ola, chámome Mayte e dou clase de Lingua Castelá no IES Manuel García Barros de A Estrada. Ademais, formo parte do equipo da biblioteca do centro.
Aínda non sei moi ben sobre que tema traballar, pero gustaríame que estivese relacionado coa materia que imparto en secundaria, xa que o quero desenvolver na aula.
In riposta a Leonor Mazaira Garro

Re: Formación de grupos

di María José Albela Silva -
Ola! Son Mª José, mestra de 3º de primaria no CPI de Vedra e neste curso responsable da biblioteca, na que hai moito que facer (en moitos aspectos). Neste curso embarcámonos nun proxecto de biblioteca " A Ulla e a horta", aproveitando o tema co que participamos en Voz Natura e que na nosa contorna, a horta é unha parte da paisaxe e da forma de vida.O tema foi proposto polo equipo de biblioteca ao Claustro coa intención de abrir a biblioteca a comunidade educativa e darlle unha nova vida. Estanos costando moito arrancar pero tentarémolo e agora con este curso espero atopar axuda nos temas e experiencias por outros expostos.
In riposta a María José Albela Silva

Re: Formación de grupos

di Leonor Mazaira Garro -
Sería interesante atopar, entre as persoas que realizan no curso, alguén que participe tamén en voz natura ou que teñan horto escolar.
In riposta a Leonor Mazaira Garro

Re: Formación de grupos

di María Teresa Ramallo Calviño -
Ola!  Son María Teresa Ramallo do CEIP de Nebra, son coordinadora de biblioteca e o noso cole participa no proxecto Voz Natura.

 A miña  idea era facer un proxecto relacionando con voz natura ( algo sobre agricultura e gandería ecolóxica)
In riposta a Leonor Mazaira Garro

Re: Formación de grupos

di xepe torres reino -
Eu son Xepe, profe de lingua e literatura no IES Lamas de Abade de Compostela. Imparto aulas en 3º da ESO e 1º de Bacharelato. Ata este curso tiven gardas de biblioteca e sempre axudei a catalogar.
Este verán visitei o xacemento arqueolóxico do castelo da Rocha (podedes visitar a súa páxina http://rochaforte.info/) e penso que pode ser un punto de atención interesante para realizar o traballo, entre outros departamentos poderían participar os de Historia, Tecnoloxía, Lingua, Plásticas, Física e Química e Ciencias.
Estou a buscar bibliografía (para historia e literatura)
In riposta a Leonor Mazaira Garro

Re: Formación de grupos

di Eva María Pazos Malvido -
Ola a todas e todos!
Son Eva e son profesora de secundaria, de Bioloxía e Xeoloxía (seguramente das poucas de ciencias neste curso...). 
Traballo en Vilanova de Arousa, no IES Faro das Lúas
Formo parte do equipo da biblioteca, non son a coordinadora, pero sí levo o club de lectura.
Este curso decidimos probar e lanzarnos a facer un PDI sobre a sañude, para en principio de 1º a 4º ESO en tódolos departamentos (foi unha decisión primeiro de CCP e logo de claustro)

Encaixa isto con alguén?

Saúdos!!
In riposta a Leonor Mazaira Garro

Re: Formación de grupos

di Sara Martínez -
Ola a todos! Son Sara e son profesora de lingua castelá en Secuandaria, posto que asisto ao curso cunha compañeira do centro gustaríanos levar a cabo o deseño do proxecto xuntas, aínda non temos claro sobre que pero seríanos máis fácil coordinarnos. Un saúdo


In riposta a Leonor Mazaira Garro

Re: Formación de grupos

di RAQUEL VIÑA MOLINOS -
Ola! O meu nome é Raquel Viña Molinos e son mestra de Educación Infantil no CEIP Ricardo Tobío, en Esteiro, Muros. Este curso son coordinadora da Biblioteca Escolar. No noso centro levamos varios anos promovendo proxectos documentais integrados desde a Biblioteca, pero sempre xorden dúbidas, aspectos a mellorar,... e esta actividade de formación está sendo moi útil. Sobre o proxecto que temos que presentar, Natalia Fernández Veiga e eu falamos de facelo de maneira conxunta, xa que as dúas somos mestras da mesma especialidade.
In riposta a Leonor Mazaira Garro

Re: Formación de grupos

di María Jesús Barcala García -
Ola:
Son María Jesús Barcala e son profe no IES Marco do Camballón.Son titora de 1º ESO e imparto a materia de Proxecto Interdisciplinar. Este ano continuamos traballando a ciencia na Biblioteca en especial a matemática e queremos facer un proxeto sobre a muller e a matemática.