Onte falamos das dificultades de formar grupos na Aula Virtual, sen coñecérmonos; poderíamos aproveitar este foro para saber en que etapa traballa cada un e cal é a súa especialidade, se está ou non no equipo da biblioteca escolar, sobre que tema prtende facer o seu deseño, etc.
Necesitamos a participación de todas as persoas do curso para sacar esto adiante.
E non esquezamos prantexar as dúbidas xurdidas das sesións presenciais.
Deica a semana.
Ola,
Son Mª José Piñeiro, CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Formo parte do equipo de biblioteca e este ano decidimos embarcarnos nun proxecto para o cal formamos un grupo de traballo. Empezamos a facer algo, pero pouco, estamos algo perdidos.
Formamos parte do grupo sete persoas do centro e asistimos dúas a este curso, polo tanto, Bárbara Castro e máis eu traballaremos xuntas. Nós xa temos o tema e xa empezamos a facer algunha cousa. Pretendemos traballar sobre as culturas do mundo, coñecer algunha ou algunha parte delas, dado que o tema é moi amplo. A ver se asentamos e nos poñemos a deseñar o que queremos.
Ola, chámome Mayte e dou clase de Lingua Castelá no IES Manuel García Barros de A Estrada. Ademais, formo parte do equipo da biblioteca do centro.
Aínda non sei moi ben sobre que tema traballar, pero gustaríame que estivese relacionado coa materia que imparto en secundaria, xa que o quero desenvolver na aula.
Aínda non sei moi ben sobre que tema traballar, pero gustaríame que estivese relacionado coa materia que imparto en secundaria, xa que o quero desenvolver na aula.
Ola! Son Mª José, mestra de 3º de primaria no CPI de Vedra e neste curso responsable da biblioteca, na que hai moito que facer (en moitos aspectos). Neste curso embarcámonos nun proxecto de biblioteca " A Ulla e a horta", aproveitando o tema co que participamos en Voz Natura e que na nosa contorna, a horta é unha parte da paisaxe e da forma de vida.O tema foi proposto polo equipo de biblioteca ao Claustro coa intención de abrir a biblioteca a comunidade educativa e darlle unha nova vida. Estanos costando moito arrancar pero tentarémolo e agora con este curso espero atopar axuda nos temas e experiencias por outros expostos.
Sería interesante atopar, entre as persoas que realizan no curso, alguén que participe tamén en voz natura ou que teñan horto escolar.
Ola! Son María Teresa Ramallo do CEIP de Nebra, son coordinadora de biblioteca e o noso cole participa no proxecto Voz Natura.
A miña idea era facer un proxecto relacionando con voz natura ( algo sobre agricultura e gandería ecolóxica)
Ola. Son MªJosé Albela. O noso centro participa en Voz Natura. E intentamos tamén traballar dende a biblioteca sobre a horta. Podo formar grupo con que teña o mesmo tema ou semellante.
Eu son Xepe, profe de lingua e literatura no IES Lamas de Abade de Compostela. Imparto aulas en 3º da ESO e 1º de Bacharelato. Ata este curso tiven gardas de biblioteca e sempre axudei a catalogar.
Este verán visitei o xacemento arqueolóxico do castelo da Rocha (podedes visitar a súa páxina http://rochaforte.info/) e penso que pode ser un punto de atención interesante para realizar o traballo, entre outros departamentos poderían participar os de Historia, Tecnoloxía, Lingua, Plásticas, Física e Química e Ciencias.
Estou a buscar bibliografía (para historia e literatura)
Este verán visitei o xacemento arqueolóxico do castelo da Rocha (podedes visitar a súa páxina http://rochaforte.info/) e penso que pode ser un punto de atención interesante para realizar o traballo, entre outros departamentos poderían participar os de Historia, Tecnoloxía, Lingua, Plásticas, Física e Química e Ciencias.
Estou a buscar bibliografía (para historia e literatura)
Ola a todas e todos!
Son Eva e son profesora de secundaria, de Bioloxía e Xeoloxía (seguramente das poucas de ciencias neste curso...).
Traballo en Vilanova de Arousa, no IES Faro das Lúas
Formo parte do equipo da biblioteca, non son a coordinadora, pero sí levo o club de lectura.
Este curso decidimos probar e lanzarnos a facer un PDI sobre a sañude, para en principio de 1º a 4º ESO en tódolos departamentos (foi unha decisión primeiro de CCP e logo de claustro)
Encaixa isto con alguén?
Saúdos!!
Ola a todos! Son Sara e son profesora de lingua castelá en Secuandaria, posto que asisto ao curso cunha compañeira do centro gustaríanos levar a cabo o deseño do proxecto xuntas, aínda non temos claro sobre que pero seríanos máis fácil coordinarnos. Un saúdo
Ola! O meu nome é Raquel Viña Molinos e son mestra de Educación Infantil no CEIP Ricardo Tobío, en Esteiro, Muros. Este curso son coordinadora da Biblioteca Escolar. No noso centro levamos varios anos promovendo proxectos documentais integrados desde a Biblioteca, pero sempre xorden dúbidas, aspectos a mellorar,... e esta actividade de formación está sendo moi útil. Sobre o proxecto que temos que presentar, Natalia Fernández Veiga e eu falamos de facelo de maneira conxunta, xa que as dúas somos mestras da mesma especialidade.
Ola:
Son María Jesús Barcala e son profe no IES Marco do Camballón.Son titora de 1º ESO e imparto a materia de Proxecto Interdisciplinar. Este ano continuamos traballando a ciencia na Biblioteca en especial a matemática e queremos facer un proxeto sobre a muller e a matemática.
Son María Jesús Barcala e son profe no IES Marco do Camballón.Son titora de 1º ESO e imparto a materia de Proxecto Interdisciplinar. Este ano continuamos traballando a ciencia na Biblioteca en especial a matemática e queremos facer un proxeto sobre a muller e a matemática.
Ola, son Trini López e son profesora de Relixión no IES Maximino Romero de Lema en Baio, Zas; e estou colaborando na biblioteca do Centro