FORO DE DEBATE

Seis principios da aprendizaxe por proxectos.

Seis principios da aprendizaxe por proxectos.

by Cristina Novoa -
Number of replies: 2
Este documento amplia a información coa que traballamos na sesión do 17/11/2014. Téndelo xa na carpeta que subín inicialmente, pero eu propoño unha lectura desde a nosa realidade (a de cada quen) e quitar, poñer, porlle pegas, formular preguntas que podamos contestar calquera dos participantes no curso...
Seis principios de aprendizaxe por proxectos.
Por exemplo:
En que momento do proceso deberíamos pasarlle "este test" ao noso proxecto???
ou
Este test sería válido, podería adaptarse a calquera dos proxectos que se poden levar a cabo nos centros, ou só valería para algúns casos??? nese caso, para cales?


In reply to Cristina Novoa

Re: Seis principios da aprendizaxe por proxectos.

by LUCÍA FEIJOO MÍGUEZ -
Ola Cristina!!
Pois dende a miña humilde e inexperta opinión, creo que este tipo de cuestionarios deberían estar presentes ó longo de todo o proxecto, pero sobre todo ó final como medio de avaliación. Como resposta á súa validez, véxoo máis ben para secundaria, para infantil e primaria habería que adaptalo un pouco ás necesidades desta etapa, por exemplo estes alumnos están máis limitados á hora de producir algo con valor social. De todas maneiras paréceme unha boa ferramenta de avaliación contínua e creo que serviría, así en xeral, para calquer proxecto, coas pertinentes adaptacións, claro, en función do proxecto. E digo esto porque me parece que está enfocado un pouco ás ciencias, pero ben se podería adaptar a calquer materia. Non sei si o entendín ben, pero bueno, aquí queda a miña opinión. Saúdos!!!!grande sorriso
In reply to LUCÍA FEIJOO MÍGUEZ

Re: Seis principios da aprendizaxe por proxectos.

by Cristina Novoa -
Pois facendo as oportunas transferencias, pode ser unha ferramenta para avaliar as propostas que fagamos a un grupo ou a todo o centro. Creo que na fase de planificación cómpre ter en conta estas cuestións e non deixalas para a avaliación final, en efecto.
Grazas por intervir.