FORO DE DEBATE

Especialidades dos docentes participantes

Especialidades dos docentes participantes

di Mónica María Martínez Baleirón -
Numero di risposte: 7

En canto ás especialidades dos docentes que participamos neste curso, eu indico que son profesora de Lingua Galega e Literatura en secundaria e que vou desenvolver un proxecto de educación viaria. Se hai algunha persoa interesada no mesmo ámbito eu estou encantada de desenvolvelo con outros docentes.

In riposta a Mónica María Martínez Baleirón

Re: Especialidades dos docentes participantes

di Ana Calvo Mariño -
Ola! Vou pecar de informal, seguramente , pero é que  é un pracer para min, como principiante, formar parte deste curso no que imos falar de proxectos (e tiña que dicilo).
 Eu serei a voz da miña biblio para compartir a experiencia dun centro de Secundaria que traballou, se implicou, aprendeu e disfrutou dun tema (Cómic) e que o fixo de xeito conxunto. Ah! a miña especialidade é Lingua castelá e Literatura. Un saúdo.
In riposta a Mónica María Martínez Baleirón

Re: Especialidades dos docentes participantes

di Margarita Faílde -
Ola!!
Eu son Marga do CEIP de Bandeira. Son mestra no 1º ciclo de primaria. Non sei moi ben por donde dirixir o meu proxecto. Por un lado na miña escola este ano pretendemos facer un PDI co tema "Que plantamos para xantar" Aproveitamos que temos un horto e estamos metidos en VozNatura.(Xa vin onte que imos fatal) Por outra banda, fixemos, coa axuda de tres alumnas en prácticas un Supermercado e paréceme boa idea traballar un pequeno PDI que o teña como referente e así tentar levalo á práctica. Bueno cando me decida xa volo contarei. Deixareime asesorar polos compañeiros da escola.
En todo caso o Proxecto aquí presentado tentarei levalo á práctica.
Saudiños
In riposta a Margarita Faílde

Re: Especialidades dos docentes participantes

di Mónica María Martínez Baleirón -
Con respecto ao tema do supermercado, envíoche esta suxestión que se cadra che pode resultar útil (se cadra xa a coñeces): o Instituto Galego de Consumo ten algunha actividade enfocada á educación para o consumo que vos pode resultar de utilidade (mesmo tiñan un supermercado para simular a compra por parte dos pequerrechos). Déixoche aquí datos de contacto:

Escola Galega de Consumo (pertencente ao Instituto Galego de Consumo)

Gonzalo Torrente Ballester 1-5 Baixo - 15707
Tel: 881999091 - Fax: 881999089
Correo-e: egc@xunta.es
Álvarez Fernández, Esther
(Director/a técnica)
881999092
881999093


In riposta a Mónica María Martínez Baleirón

Re: Especialidades dos docentes participantes

di Eva María Pazos Malvido -
Ola a todas/os:
Son Eva, profesora de Bioloxía e Xeoloxía, formo parte do equipo da biblioteca do IES Faro das Lúas en Vilanova de Arousa. Neste curso nos embarcamos todo o centro (ás bravas) nun proxecto sobre a saúde. 
Agora vou dándome de conta de cousas que podemos mellorar, así que con moitas ganas!

In riposta a Mónica María Martínez Baleirón

Re: Especialidades dos docentes participantes

di LUCÍA FEIJOO MÍGUEZ -
Ola a todos!!!!sorriso. Eu son a orientadora do C.E.I.P. Mar de Fóra de Fisterra. Levo na docencia ano e medio e é a primeira vez que me meto no equipo da biblio, e, como me gustan os retos son a coordinadora (esto é ironía, que ando máis perdida.....morto). Non teño nin idea que proxecto vou inventar, espero que este curso me axude a sacar ideas. Un saudiño!!!!
In riposta a Mónica María Martínez Baleirón

Re: Especialidades dos docentes participantes

di María Elvira Birichinaga Cruz -
Boas!:
Eu son Mª Elvira Birichinaga. Son titora dun 5º no CEP de Ventín e tamén coordinadora da Comisión de Biblioteca. De momento xa nos puxemos de acordo Angeles Garcia e mais eu para facer o traballo, o que non temos claro aínda é o tema do noso proxecto.