Optimizando configuracións no equipo
Requisitos de finalización
Optimizando configuracións no equipo
Que o usuario poida bloquear o equipo.
Esta opción é interesante sobre todo no caso por exemplo dos cambios de clase xa que os alumnos poden acceder ao equipo e realizar operacións ou modificacións no mesmo.
Para evitar isto imos eliminar o autologin do equipo de xeito que sempre teñamos que introducir contrasinal para acceder ao equipo; e no caso de abandonar os equipos no cambio de clase poder deixalos bloqueados.
- Abrir un terminal e identificarse como root:

- Editar o arquivo /etc/lightdm/lightdm.conf por exemplo executando o seguinte comando:
mousepad /etc/lightdm/lightdm.conf
- Na ventá que aparece buscamos as liñas selecionadas na imaxe e as eliminamos:
- Prememos na opción File --> Save e tras o reinicio do equipo xa observamos que pide contrasinal para accede; do mesmo xeito que si prememos en calquera das dúas opcións que aparecen nas seguintes imaxes, e logo no botón Rematar Sesión que é o que debemos facer nos cambios de clase.