Optimizando configuracións no equipo

Site: Centro Autonómico de Formación e Innovación - Aula virtual
Course: Introdución ao kit das aulas dixitais
Book: Optimizando configuracións no equipo
Printed by: Utente ospite
Date: Thursday, 20 November 2025, 5:23 PM

Description

Optimizando configuracións no equipo

A ter en conta

Calquera das actuacións que a continuación se van a describir, requiren que nos identifiquemos como usuario root (sendo o password: toor ) dende o terminal tal como aparece na seguinte imaxe:

Terminal_root

Pasos:
1. Accedemos á aplicación Terminal: "Menú aplicativos - Emulador de Terminal"
2. Despois do símbolo $ escribimos su e prememos a tecla intro
3. O terminal preguntará pola Password e escribimos toor

Entón xa estamos en disposición de executar as accións que se describen nas páxinas deste libro.

Que o usuario poida bloquear o equipo.

Esta opción é interesante sobre todo no caso por exemplo dos cambios de clase xa que os alumnos poden acceder ao equipo e realizar operacións ou modificacións no mesmo.
Para evitar isto imos eliminar o autologin do equipo de xeito que sempre teñamos que introducir contrasinal para acceder ao equipo; e no caso de abandonar os equipos no cambio de clase poder deixalos bloqueados.

  • Abrir un terminal e identificarse como root:

Terminal_root

  • Editar o arquivo /etc/lightdm/lightdm.conf por exemplo executando o seguinte comando:

mousepad /etc/lightdm/lightdm.conf

  • Na ventá que aparece buscamos as liñas selecionadas na imaxe e as eliminamos:

  • Prememos na opción File --> Save e tras o reinicio do equipo xa observamos que pide contrasinal para accede; do mesmo xeito que si prememos en calquera das dúas opcións que aparecen nas seguintes imaxes, e logo no botón Rematar Sesión que é o que debemos facer nos cambios de clase.

Cambiar o contrasinal do usuario

  • Accedemos ao terminal e executamos o comando passwd primeiro solicitará o contrasinal actual e logo deberemos introducir 2 veces o novo, por seguridade non escribe nada en pantalla.

Recomendable que o contrasinal só sexa coñecido por os profesores que imparten clase co equipo.

Dende o terminal, co usuario root tamén podemos cambiar o contrasinal do usuario co comando passwd usuario

Desactivar salvapantallas xscreensaver

Para desactivar o xscreensaver xa que está da aparecer unha mensaxe de actualización cada vez que arrancamos o equipo, simplemente teríamos que facelo dende o Xestor de configuración, seguindo as seguintes imaxes:

xestor de configuración

xestor de configuración

E na lapela "Inicio automático de aplicacións" desmarcar a liña que aparece seleccionada na imaxe "Protector de pantalla...."

Cargar o driver ao inicio e que apareza minimizado

O driver pódese cargar como aplicación de inicio. Deste xeito o usuario non tería que cargalo cando inicie o equipo. Pero débese de ter en conta que se o driver é cargado de maneira automática pero o portátil tamén vai ser empregado con outro encerado de distinta marca comercial, con toda probabilidade dará fallos e o comportamento será inestable. Cada marca comercial ten os seus drivers e uns interfiren no traballo dos outros. No caso de que o portátil só vai ser empregado co encerado Multiclass, pódese cargar como aplicación no inicio. Para iso abrimos o xestor de configuración:

xestor de configuración

xestor de configuración

inicio automático aplicacións

Debemos crear un atallo ao seguinte comando:

kstart --iconify --window 'IWB Driver' /usr/bin/iwbv7/IWB_Driver.sh

Tanto no campo Nome, coma en Descrición non empregar caracteres especiais, tildes, espazos nin guións de ningún tipo.