Importación de arquivos en Smart Notebook 10.7
Aggregazione dei criteri
Apuntes de tipos de arquivos que poden ser importados para o seu emprego nas versión de Smart Notebook 10.7 en adiante.
Requisitos para poder importar cada tipo de arquivo
Desgraciadamente para que o Smart Notebook sexa capaz de importar un arquivo de MS Powepoint (ppt) ou XPS, precisa que no mesmo ordenador tamén estea instalado o Microsoft Office 2007 ou 2010. Libre Office ou Openoffice non serven.
- Se instalamos Smart Notebook nun sistema operativo Linux, non poderemos importar arquivos de powerpoint nin XPS xa que o Microsoft Office só pode ser instalado en Windows.
- Nos ordenadores das Aulas Abalar emprégase Linux e LibreOffice. Por iso non se pode importar arquivos XPS nin os do powerpoint.
Respecto á importación de arquivos de tipo iwb, é unha característica reciente de Smart Notebook e só está dispoñible a partir da versión 10.7