Un modelo: I Encontro de Mulleres Repentistas
Na materia de "Regueifa e improvisación oral" un grupo de 17 alumnos e alumnas, coa coordenación do profesor, impulsaron a organización dun evento de repentismo, co obxectivo de visibilizar a nova xeración de mulleres regueifeiras da Galiza e sentirse parte do movemento sociocultural do repente galego. Así, desde fins de setembro de 2016 até o 28 de xaneiro de 2017 activouse o proceso de organización. E na semana seguinte fíxose avaliación da experiencia.
Aqui podes ollar algúns materiais do proceso de autoxestión desta actividade para teres en conta para a elaboración do teu Proxecto Final desde curso.
11. Informe da tesouraría do Encontro de Mulleres Repentistas
I Encontro de Mulleres Repentistas
Informe de tesouraría
GASTOS:
Comida regueifeiras: 120
Flores Xosefa da Bastavales: 30
Taxi Xosefa de Bastavales (ida): 55
Gastos na foliada – convite ás regueifeiras (bar): 50
Rosca/Regueifa: 20
Hostal 1 artista: 40
Obradoiro de Regueifa Feminista por Alba María: 100
Petiscos: familias: incalculábel
Total: 415
INGRESOS:
Venda de crachas: 201
Palestra na Universidade da Coruña: 37 euros
Clube da Lingua: 177
Total: 415