Regueifas?
Requisitos de conclusão
Opened: sábado, 11 de fevereiro de 2017 às 00:00
Due: sábado, 18 de fevereiro de 2017 às 00:00
Chegou o momento de cantar e contar historias!!!
Xa sabemos que as persoas que realizades este curso de Regueifa sodes valentes, sen prexuízos e con ganas de experimentar e innovar na educación. Pois agora chega o momento de escoitar as vosas melodiosas voces. Así pois, a tarefa consiste en subir catro arquivos en MP3. Cada arquivo deberá ser unha estrofa octosilábica con catro versos. A única diferencia é que cada un deses arquivos debe estar cantado con cadansúa melodía. En "Actividades" podedes observar os vídeos de varias melodías distintas para a improvisación.
Por favor, tentade afinar os oídos e deixade voar o maxín para completar esta tarefa. Arriba esas gorxas compañeiras e compañeiros!!!