Ir ao contido principal
Aula Virtual
  • Galego ‎(gl)‎
    English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎ Italiano ‎(it)‎ Português - Portugal ‎(pt)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

A regueifa

  1. Inicio
  2. Cursos
  3. Zona Aberta
  4. Cursos achegados polo profesorado de Galicia
  5. regueifa
  6. Tema 1 - Comunicación musical
  7. Un pouco de etnomusicoloxía

Un pouco de etnomusicoloxía

Requisitos do completado
Abertas: sábado, 11 de febreiro de 2017, 12:00 AM
Pendente: sábado, 18 de febreiro de 2017, 12:00 AM

Os cancioneiros musicais son a pegada escrita que nos axuda a manter no tempo unha composición musical. A aparición da transcripción musical, xunto coas anotacións e as ilustracións, serven de aproximación ao feito diferenciador desa música no seu contexto histórico. Tanto as pezas de carácter relixioso como as profanas foron chegando ate os nosos días grazas á conservación en cancioneiros ou códices. As persoas encargadas de estudar a Historia da música occidental, dende o medievo ate os nosos días, beberon da información de ditos documentos para as súas investigacións. Tanto a música denominada “culta” como a “popular” teñen o seu espazo nestes documentos.

A finais do século XIX e comezos do XX, coa nova concepción do folclore no contorno europeo influenciado polos nacionalismos modernos, a dignificación do saber do pobo tamén se reflicte en cancioneiros de grande transcendencia para a música galega. A medida que avanza o século XX e a tecnoloxía evoluciona comezan a aparecer as primeiras edicións sonoras de “recollida” para achegar a música tradicional galega á etnomusicoloxía moderna.

A regueifa está presente en algún destes traballos, como é o caso do Cancioneiro Popular Galego (1984-1995), de Dorothe Schubarth e Antón Santamarina.

Neste pequeno artigo podedes ampliar información sobre os cancioneiros galegos.

Na actualidade hai moitas páxinas web ou blogues que suben música tradicional para compartir. Son, de algún xeito, cancioneiros participativos que compilan información de diversos espazos para partillala. Aquí tendes un moi interesante denominado folkoteca

Entrega un ficheiro no que mostres os enlaces a catro destes "Cancioneiros da Rede"

◄ Achegamento ao editor de audio Audacity
Melodías Pedagóxicas ►

Bloques

Supplementary blocks

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
regueifa
  • Galego ‎(gl)‎
    • English ‎(en)‎
    • Español - Internacional ‎(es)‎
    • Français ‎(fr)‎
    • Galego ‎(gl)‎
    • Italiano ‎(it)‎
    • Português - Portugal ‎(pt)‎
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil