Section outline

    • Foto de Chus Pato

      Chus Pato é unha das figuras máis relevantes e innovadoras da poesía galega contemporánea. A súa obra, de marcada conciencia feminista e cívica, destaca pola experimentación formal, a integración de múltiples rexistros e a constante renovación das formas poéticas. En 2024, foi distinguida co Premio Nacional de Poesía, outorgado polo Ministerio de Cultura, polo seu poemario Sonora (2023), recoñecido pola súa capacidade para artellar unha reflexión profunda sobre a memoria persoal, social e política.

      Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como docente de ensino secundario ata a súa xubilación. En 2017 ingresou como membro numeraria na Real Academia Galega, consolidando así o seu papel central na literatura galega contemporánea.

      A súa produción poética iniciouse en 1991 con Urania, á que seguiron títulos como Heloísa (1994), Fascinio (1995), Nínive (1996, Premio Losada Diéguez), m-Talá (2000), Charenton (2003), Hordas de escritura (2008, Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez), Secesión (2009), Carne de Leviatán (2013, Premio da Irmandade do Libro á Mellor Autora do Ano) e Sonora (2023, Premio Nacional de Poesía). A súa obra, traducida a múltiples linguas, forma parte de prestixiosas antoloxías internacionais e é obxecto de estudo na crítica especializada.

      Ademais da súa traxectoria literaria, participa activamente no ámbito cultural e académico. É membro do PEN Club Galicia, padroa da Fundación Euseino? e da Fundación Rosalía de Castro, e integra o colectivo de intervención sociocultural Redes Escarlata desde a súa creación en 2001. O seu compromiso coa literatura e coa realidade sociopolítica reflíctese tanto na súa escrita como na súa participación nestas entidades.

      A súa traxectoria, marcada pola constante exploración dos límites da poesía, sitúaa como unha das voces máis influentes e recoñecidas da literatura galega actual.

    • Foto de Manel Loureiro

      Manel Loureiro Doval é un escritor, avogado e xornalista pontevedrés. Licenciado en Dereito pola Universidade De Santiago de Compostela, traballou como presentador de televisión en diversas canles a nivel nacional e como guionista.

      Colaborou con diversos medios de prensa escrita como os xornais Diario de Pontevedra, ABC ou El Mundo. Ademais é colaborador habitual de RNE e da revista GQ na súa edición española. Desde 2020 ten unha sección periódica no programa de televisión Quen Anda Ai da TVG.

      Coñecido sobre todo pola súa faceta como escritor, é autor de nove novelas ata o momento. Os seus libros foron traducidos a máis de vinte idiomas e están publicadas en preto de setenta países.

      Loureiro é un dos poucos autores contemporáneos nacionais que logrou superar a barreira dos 200.000 exemplares vendidos en Estados Unidos, xunto a Juan Gómez-Jurado, Javier Sierra ou Carlos Ruiz Zafón. Segundo os datos de auditoría de GfK, Loureiro é o autor galego vivo máis lido e máis traducido en todo o mundo na actualidade.

      A súa última novela, “Cando a tormenta pase”, publicada neste 2024, alzouse en maio como gañadora do premio Fernando Lara de Novela, un dos premios literarios máis prestixiosos en castelán, que en anteriores edicións tivo como galardoados a Francisco Umbral, Terenci Moix, Zoe Valdés ou Ian Gibson entre outros moitos nomes. “Cando a tormenta pase” converteuse ademais nun dos libros máis vendidos en España deste ano, con máis de 120.000 exemplares.

      Así mesmo, Loureiro é o autor de Apocalipse Z, novela de éxito internacional que este ano 2024 foi adaptada a cinema e estreada na plataforma Amazon Prime Vídeo. A película, rodada de forma case íntegra na provincia de Pontevedra, transformouse nun fenómeno audiovisual e foi número uno en espectadores en España, Estados Unidos e outros noventa países de todo o mundo, segundo datos da propia plataforma, sendo a película máis vista da plataforma a nivel mundial durante varias semanas consecutivas. Na actualidade, varias das suas obras están sendo obxeto de adaptación cinematográfica. 

    • BeaCampos Bea Campos é actriz, narradora e presentadora. Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia onde recibiu o premio de interpretación Marta Sieiro. Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes escénicas en Latinoamérca. Forma parte da compañía "Migallas Teatro" con diferentes espectáculos para público dende os 6 meses ata os 100 anos. No mundo do teatro é cofundadora na compañía Inventi Teatro e participou como actriz profesional en diferentes compañías galegas e é formadora no eido da expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil.



    • Foto de Xosé Manuel Dopazo

      Catedrático de Lingua Castelá e Literatura. 

      Director do IES Maruxa Mallo.




    • Foto de Santiago MartínezSantiago Martínez Suárez é licenciado en Dereito e graduado na Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago. Tamén se graduou no Máster en Márketing, Comunicación e Estratexia política pola USC. Foi subcampeón nacional de debate e oratoria como orador ademais de dúas veces campeón nacional, e unha vez subcampeón internacional de debate e discurso político en calidad de capitán e entrenador.
      Ten impartido cursos de oratoria profesional, oratoria xurídica para abogados, falar en público, negociación, etc en diferentes universidades e escolas. É profesor en distintos másters tanto en España como América Latina. É socio cofundador da primeira escola exclusiva de oratoria de España, Eloqüencia





    • Foto de Raquel Gey Raquel Gey é profesora de Música na etapa de Secundaria dende 2001 con ampla experiencia en programas de innovación educativa como Piteas, SEMGal, Polos Creativos, Erasmus+ ou Ágora Dixital, así como participación en Congresos de Educación e formación de docentes dentro e fora de Galicia. Apaixonada pola educación, pola aprendizaxe baseada en proxectos e pola Neuroeducación.


    • Foto de Alberto Roca Alberto Roca é un profesor de Lingua castelá que traballa en Galicia. Ten experiencia en Comunicación audiovisual e corporativa, E-Learning e Xestión de RRHH. 
      A nivel de formación é graduado en Música (canto), licenciado en Filoloxía Hispánica e diplomado en Escritura de guion cinematográfico e en Animación 3D.
      No tocante á experiencia laboral, traballou no ámbito artístico da Música e da Imaxe e son, foi responsable de RRHH unha empresa e leva traballando como profesor de secundaria os últimos 7 anos.




    • Foto de Tania Souto Tania Souto Herráiz estudou Tradución e Interpretación e especializouse na interpretación de conferencias na ISIT de París. Traballou como intérprete de inglés, francés, italiano, portugués, español, galego e catalán principalmente en Francia pero tamén noutros países para institucións internacionais (Nacións Unidas, Comisión Europea, OCDE…), entidades gobernamentais e o mercado privado, entre outras experiencias laborais, antes de volver a Galicia. Na actualidade é profesora de francés no IES Afonso X O Sabio de Cambre (A Coruña). Os seus campos de interese son a Aprendizaxe Baseada en Proxectos, a Internacionalización, o ensino de idiomas a través do teatro e outras metodoloxías activas.



    • Foto de Alberto Dafonte Alberto Dafonte Gómez é Profesor Titular en el departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo, institución coa que ten vinculación como docente a tempo completo desde 2006. É Doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Universidade de Vigo (2010) e Máster en Educación e TIC (e-learning) pola Universitat Oberta de Catalunya (2018). Conta con dous sexenios de investigación recoñecidos e dúas avaliacións moi favorables no programa Docentia.

      Desenvolve a súa actividade investigadora dentro do grupo SEPCOM (Investigación en Comunicación para o Servizo Público) da Universidade de Vigo onde foi co-Investigador Principal entre 2020 e 2023 do proxecto “Narrativas digitales contra la desinformación: estudio de redes, temas y formatos en los fact-checkers iberoamericanos”, financiado pola Agencia Estatal de Investigación. As súas liñas de investigación céntranse na comunicación en redes sociais e os medios digitais, con especial énfase no fenómeno da desinformación nos últimos anos. 
      No ámbito docente, imparte as materias *Propaganda en medios audiovisuais* no Grao en Comunicación Audiovisual, *Produción publicitaria na web e multimedia* no Grao en Publicidade e Relacións Públicas e *Ecosistema de medios sociais e ferramentas dixitais* no Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Digitais.
      Coordina o Grupo de Innovación Docente DIXITAIS da Universidade de Vigo desde 2016, centrando a súa actividade na alfabetización dixital e mediática e na integración da tecnoloxía na docencia.
      É membro da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE-IC) e da Cátedra UNESCO en Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade da Universidade de Vigo.


    • Foto de Marco Vélez Marco Vélez é profesor de francés na EOI da Coruña e formador de profesorado no eido das TIC desde 2009. Apaixonado pola comunicación, as tecnoloxías educativas e a intelixencia artificial aplicada á aula. Leva anos trasteando con ferramentas dixitais para facer das clases un espazo máis creativo... e, se cadra, un pouco máis divertido.


    • Foto de Xaquín Domínguez Xaquín Domínguez é diplomado en Educación Física, actor profesional de dobraxe, teatro e tv desde os 16 anos, guionista de comedia, fotógrafo profesional e actualmente formador e consultor de comunicación.


    • Foto de María Trillo Graduada en Mestra de educación primaria con especialidade de Inglés (2020) pola universidade de Santiago de Compostela, Monitora de tempo libre (2019) con 3 campamentos traballados, Máster en competencia dixital docente pola universidade internacional da Rioja, 5 meses traballados como sustituta en educación pública e desde Setembro como funcionaria en Prácticas. Experiencia en mates e inglés.


    • Foto de Alba Formoso

      - Directora de TALKK. Escuela de oratoria y debate.

      - Mestra e psicopedagoga.

      - Xuíza experta en Torneos de oratoria e debate.

      - Formadora en comunicación, oratoria e habilidades comunicativas.



    • Foto de Fran Guede Fran Guede é profesor de EF e na actualidade imparte EF e Plástica (ambas en inglés) e  Lingua castelá.
      É aprendiz de músico, contacontos, titiriteiro, mago e teatreiro.
      Ten impartido varios cursos de mellora comunicativa e comprensión lectora, así como de Educación para a Igualdade e EF. 
      Publicou algunha colaboración co Servizo Galego de Igualdade como "Multiplicamos para a Igualdade"
      Ten publicados os contos "FICCIONARIO MUSICANIMAL" e "LÍRICA GRAMATICAL". 



    • Foto de Diego Barja - Mestre en Educación Primaria e pedagogo.
      - Xuíz experto en Torneos de oratoria e debate académico.
      - Formador experto en oratoria e debate.