 |
Alberto Dafonte Gómez é Profesor Titular en el departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo, institución coa que ten vinculación como docente a tempo completo desde 2006. É Doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade pola Universidade de Vigo (2010) e Máster en Educación e TIC (e-learning) pola Universitat Oberta de Catalunya (2018). Conta con dous sexenios de investigación recoñecidos e dúas avaliacións moi favorables no programa Docentia.
|
Desenvolve a súa actividade investigadora dentro do grupo SEPCOM (Investigación en Comunicación para o Servizo Público) da Universidade de Vigo onde foi co-Investigador Principal entre 2020 e 2023 do proxecto “Narrativas digitales contra la desinformación: estudio de redes, temas y formatos en los fact-checkers iberoamericanos”, financiado pola Agencia Estatal de Investigación. As súas liñas de investigación céntranse na comunicación en redes sociais e os medios digitais, con especial énfase no fenómeno da desinformación nos últimos anos.
No ámbito docente, imparte as materias *Propaganda en medios audiovisuais* no Grao en Comunicación Audiovisual, *Produción publicitaria na web e multimedia* no Grao en Publicidade e Relacións Públicas e *Ecosistema de medios sociais e ferramentas dixitais* no Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Digitais.
Coordina o Grupo de Innovación Docente DIXITAIS da Universidade de Vigo desde 2016, centrando a súa actividade na alfabetización dixital e mediática e na integración da tecnoloxía na docencia.
É membro da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AE-IC) e da Cátedra UNESCO en Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade da Universidade de Vigo.