Section outline

    • Foto de Manel Loureiro

      Manel Loureiro Doval é un escritor, avogado e xornalista pontevedrés. Licenciado en Dereito pola Universidade De Santiago de Compostela, traballou como presentador de televisión en diversas canles a nivel nacional e como guionista.

      Colaborou con diversos medios de prensa escrita como os xornais Diario de Pontevedra, ABC ou El Mundo. Ademais é colaborador habitual de RNE e da revista GQ na súa edición española. Desde 2020 ten unha sección periódica no programa de televisión Quen Anda Ai da TVG.

      Coñecido sobre todo pola súa faceta como escritor, é autor de nove novelas ata o momento. Os seus libros foron traducidos a máis de vinte idiomas e están publicadas en preto de setenta países.

      Loureiro é un dos poucos autores contemporáneos nacionais que logrou superar a barreira dos 200.000 exemplares vendidos en Estados Unidos, xunto a Juan Gómez-Jurado, Javier Sierra ou Carlos Ruiz Zafón. Segundo os datos de auditoría de GfK, Loureiro é o autor galego vivo máis lido e máis traducido en todo o mundo na actualidade.

      A súa última novela, “Cando a tormenta pase”, publicada neste 2024, alzouse en maio como gañadora do premio Fernando Lara de Novela, un dos premios literarios máis prestixiosos en castelán, que en anteriores edicións tivo como galardoados a Francisco Umbral, Terenci Moix, Zoe Valdés ou Ian Gibson entre outros moitos nomes. “Cando a tormenta pase” converteuse ademais nun dos libros máis vendidos en España deste ano, con máis de 120.000 exemplares.

      Así mesmo, Loureiro é o autor de Apocalipse Z, novela de éxito internacional que este ano 2024 foi adaptada a cinema e estreada na plataforma Amazon Prime Vídeo. A película, rodada de forma case íntegra na provincia de Pontevedra, transformouse nun fenómeno audiovisual e foi número uno en espectadores en España, Estados Unidos e outros noventa países de todo o mundo, segundo datos da propia plataforma, sendo a película máis vista da plataforma a nivel mundial durante varias semanas consecutivas. Na actualidade, varias das suas obras están sendo obxeto de adaptación cinematográfica.