Solucións ás situacións que poden xurdir no uso dos paneis dixitais interactivos.
O panel non acende
Se o botón de acendido (parte frontal, abaixo á dereita) non ten luz, comprobar que o panel está enchufado e que o interruptor de alimentación está acendido.
- Sen luz: panel desenchufado ou interruptor apagado.
- Luz laranxa: listo para acender.
- Luz branca: acendido.
Apagado correcto do panel
Manter premido o botón uns segundos e confirmar o apagado. Se o módulo OPS está en funcionamento, pechar antes o seu sistema operativo.
Unha pulsación curta só pon o panel en modo de espera.
O panel queda acendido fóra do horario
- Programar o apagado en Axustes › Sistema › Inicio e apagado.
- Ou activar en Axustes › Sistema › Aforro de enerxía o «Modo de espera automático» ou o «Apagado automático» (15, 30, 60 ou 90 minutos de inactividade).
En períodos longos sen clase, cortar a corrente co interruptor da parte inferior.
Panel bloqueado por un patrón
Se se esquece o patrón de bloqueo, o panel queda inutilizado e só o persoal técnico da UAC pode restauralo de fábrica.
Para evitalo, establecer un contrasinal de administración en Axustes › Administrador, que impide crear patróns de bloqueo.
Contrasinal de administración esquecido
Contactar coa UAC. Neste caso non é necesaria a restauración de fábrica.
A pantalla táctil non responde cun equipo conectado por HDMI
Ademais do cable HDMI, hai que conectar o cable USB Touch ao porto USB correspondente da parte traseira do panel.
Webcam ou teclado sen fíos sen funcionar nalgún modo
Os portos USB compártense entre módulos e fontes: conectalos aos portos USB 3.0 para que funcionen en todos os modos.
O teclado non funciona sen o seu adaptador: non cambiar un sen o outro.
Imaxe do módulo OPS demasiado pequena
Configurar o módulo OPS a resolución Full HD (1920 × 1080) en lugar de 4K.
Conexión á wifi edu.xunta.gal
- É preciso crear unha conta específica para cada panel.
- O módulo OPS configúrase á parte do módulo Android.
- Un cable conectado ao porto de rede do OPS non dá conexión ao Android.
O panel vai lento
Pode deberse á acumulación de ficheiros: activar o borrado automático en Axustes › Administrador › Eliminar automaticamente os ficheiros (1, 7 ou 30 días) e gardar os ficheiros importantes nun USB ou na nube.
Se o problema apareceu tras instalar unha aplicación, desinstalala. Se persiste, a UAC pode restaurar o panel de fábrica, con perda de todos os datos.
Uso de aplicacións non instaladas no panel
Recoméndase non instalar aplicacións directamente no panel e usalas desde un portátil ou tableta conectados.
Se se instalan desde a Play Store, evitar contas corporativas ou persoais.
Sen son nos altofalantes
Os auriculares conectados á saída AUDIO OUT desvían o son automaticamente.
Se se modificou a saída de son, volver seleccionar «Altofalantes».
O micrófono deixa de funcionar ao cambiar de fonte
O panel non ten micrófono integrado e, ao cambiar a unha fonte HDMI, o micrófono deixa de funcionar ata reiniciar.
Para evitalo, configurar a canle de inicio (Axustes › Sistema › Inicio e apagado › Canle de inicio) como «Última canle apagada».
Son molesto ao escribir no teclado virtual
Desactivar «Son ao tocar» en Axustes › Entrada e saída.
Monitor na mesa do docente
Conectalo á saída HDMI OUT e configurar Configuración › Sistema › Entrada e saída › Configuración do visor da fonte externa › Formato de saída HDMI en «1080_60Hz».
O monitor só pode mostrar o mesmo que o panel (modo espello).
Actualización do software do panel
Require conexión a internet. En Configuración › Sistema › Actualización do sistema:
- Premer en «Comprobar a actualización».
- Premer en «Descarga».
- Premer en «Instalar».
- Premer en «Confirmar».
Non apagar nin interromper o proceso; o panel pode reiniciarse varias veces.
Limpeza da pantalla
Coa pantalla apagada e desconectada, usar un pano de microfibra humedecido cun produto específico para pantallas.
Nunca aplicar líquido directamente nin usar amoníaco, alcol, disolventes, papel ou materiais abrasivos.