«Espazo Titorías» ten como obxectivo facilitar a colaboración entre titores/as e profesorado para obter información sobre o alumnado e preparar as titorías coas súas familias ou responsables legais.
O espazo titorías consta de dúas partes diferenciadas:
- Titor/a: pode solicitar un informe do/a alumno/a ao profesorado que proceda.
- Profesorado: o profesorado ao que se lle solicita o informe dispón dun apartado específico para redactar a información requerida.
Acceso a «Espazo Titorías»
Para acceder ao módulo de titorías:
- Preme o botón «Acceso aos servizos».
- Autentícate no portal espazoAbalar coas credenciais corporativas.
- Selecciona o grupo, como titor/a ou como profesor/a.
- Na lapela «Accións», entra en «Espazo titorías».

Se o usuario escolle un dos grupos dos que é titor/a entrará no modo de espazo de titorías de titor/a. Pola contra, se escolle un dos grupos dos que é docente, accederá no modo de espazo de titorías do profesorado.
Acceso do titor/a como docente do seu grupo
Para cubrir como docente os informes que o propio titor/a solicitou sobre o alumnado dos grupos dos que é titor/a:
- Escolle o grupo do que es titor/a.
- Na lapela «Accións», entra en «Espazo titorías».
- Na seguinte pantalla, preme o botón «Acceso Como Docente ao Grupo».
