Impress pode ser unha axuda de gran valor no ensino. Con ela poderemos elaborar presentacións que fagan moito máis atractivo e comprensible o contido que queremos transmitir.
Antes de comezar a traballar coas súas posibilidades, imos introducir brevemente o contexto en que se desenvolve esta aplicación.
Impress é a aplicación integrada no paquete de ofimática de código aberto OpenOffice.org que nos permite elaborar presentacións.
OpenOffice.org é un conxunto de aplicativos de oficina que inclúe un procesador de textos, unha folla de cálculo, un editor de presentacións, unha base de datos, un programa de debuxo vectorial e outras ferramentas.
Ao ser Software Libre, calquera persoa pode utilizalo libremente e para calquera cometido sen necesidade de pagar licenzas.

![]() |
