Impress permite incluír texto nas diapositivas, á marxe dos deseños preestablecidos. Para isto, debemos ir á barra de ferramentas de debuxo situada na parte inferior da pantalla:
Podemos inserir texto en calquera lugar dunha diapositiva premendo no "A" ou no "T" (dependerá da versión que utilicemos) que está na barra de ferramentas inferior á zona de traballo. Tras premer na letra (A ou T), dirixiremos o punteiro do rato á zona onde queremos inserir o texto, volvemos facer clic e comezamos a escribir.
Os cadros de texto, o mesmo que as imaxes, poden manipularse co rato. Para cambiar a súa situación, prememos no bordo do cadro e, cando apareza a icona dunha man, arrastramos co rato até situalo no lugar escollido.
Para modificar o tamaño dun obxecto, prememos e arrastramos nos cadros situados nos extremos e nos puntos medios do obxecto. A icona que aparece é unha frecha con dúas puntas que indican a dirección en que se pode modificar o tamaño.
Se seleccionamos un obxecto e prememos no botón dereito, aparece un menú contextual con multitude de opcións para manipular o obxecto.